Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Xunta quedou sen excusa para manter paralizadas as obras de Paradai


# Mércores, 05/02/2014
O Concello asumiu facer ese trámite para que as obras non acumulen máis retrasos e obtivo nun tempo récord o permiso de Adif que debía ter pedido a Xunta de Galicia

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Goberno local licitou hoxe a renovación do abastecemento de auga a Montero Ríos polo procedemento de urxencia e cun presuposto de máis de 100.000 euros

O Voceiro do Goberno local e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, anunciou hoxe que a Xunta de Galicia esgotou todas as excusas para non retormar de inmediato as obras da nova ponte de Paradai.

O Concello xa obtivo o permiso de Adif para que a Xunta poida realizar as tantas veces prometidas e retrasadas obras.

Aínda que non era competencia municipal senón da propia Xunta de Galicia facer ese trámite, como demostra a documentación que facilitou hoxe o Goberno local ós medios de comunicación, o Concello asumiu a responsabilidade de xestionar o permiso para axilizalo o máximo posible e que as obras non volvan sofrir máis retrasos.

Entre os documentos aportados ós medios de comunicación polo Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente figuran varios correos electrónicos de Adif que demostran que era a Xunta a administración que debera ter pedido o permiso e tamén entregou copia das novas difundidas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas nas que anunciaba, no pasado mes de outubro, a reanudación das obras ó non existir ningún obstáculo, logo de que o Concello derrubara os edificios tal e como pedira daquela a Xunta.

A vista dos acontecementos, Luis Álvarez formulouse varias preguntas. En primeiro lugar cuestionouse sobre se a Xunta de Galicia descoñecía que ía ser necesaria a autorización de Adif cando dixo, a finais de 2012, que o único problema para o comezo das obras era a existencia dunha construción apuntalada e salientou que, de ser así, resulta obvia a falla de compromiso con esta obra.

Pola contra, se coñecía, como era a súa obriga, todas as implicacións da execución da obra a cuestión é saber se esperou ata o mes de novembro para poñer sobre a mesa un novo motivo para retrasar o inicio dos traballos. Nese caso, Luis Álvarez considera necesario que alguén lle dea explicacións ós lucenses, e en particular ós veciños do Sagrado Corazón sobre qué ten a Xunta de Galicia contra nós.

E, no caso de que existan ademais outras razóns, o Voceiro do Goberno local esixiu que “se nos diga a verdade e se deixe de culpar ó Concello de Lugo da situación, cando, resulta innegable a óptima xestión que fixo a administración local para mellorar a estética do barrio e dotar a todos os veciños dunha futura ampliación de zonas verdes.

Ademais, Álvarez preguntouse se “agora serán capaces de cumprir a débeda que teñen contraída coa cidade de Lugo, de xeito inmediato, ou van aparecer novos problemas”.

Neste sentido, o Voceiro do Goberno local destacou que, se o Conselleiro de Medio Ambiente cumpre coa súa palabra mañá deberan remotarse as obras.

“A ver se mañá teñen algo máis que excavadoras quitando restos de vexetación”, sinalou e avisou que “ó mellor mañá imos nós inspeccionar se a obra se iniciou”.

Ademais avanzou que “por suposto imos convocar a reunión da Comisión de seguemento solicitada pola Xunta, imola ter e van estar tamén, como pediron, os representantes dos veciños e ó mellor nesa Comisión a Xunta terá que dar explicacións no lugar de pedilas”.

Por último, o Voceiro do Goberno local e Concelleiro de Urbanismo manifestou que “quedou demostrado que o problema non eran as casas senón que eran outros” e xa deixou claro que “por parte do Concello fixemos máis do que tiñamos que facer para axilizar as obras e agora o que non imos facer é construir nós o vial”.
 
Subministro de auga a Montero Ríos

O Voceiro do Goberno local anunciou tamén que a Xunta de Goberno Local aprobou hoxe o plego técnico de condicións para a renovación da rede de abastecemento de auga na rúa Montero Ríos que, como é sabido sofriu numerosas avarías a finais do mes de decembro.

A obra ten un presuposto de licitación de 104.793 euros e un prazo de execución de mes e medio e farase por urxencia para o que se convoca por procedemento negociado.

O Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente explicou que “aínda que neste momento o subministro de auga á zona está garantido coa tubería provisional que se instalou, queremos renovar a rede de abastecemento do xeito máis urxente posible”.

Tamén anunciou que se vai aproveitar esta obra para dar solución ós problemas no encontro das rasantes na confluencia de Rafael de Vega e Montero Ríos, actuación que xa está contemplada desde o primeiro momento, aínda que agora o plantexe como se fora unha iniciativa súa o Partido Popular.

ORA

“Paréceme lamentable o que teñen que chegar a facer algúns para xustificar a súa adicación exclusiva”, salientou Luis Álvarez en resposta ás insinuacións sobre as liquidacións da ORA que, fixo onte o Concelleiro do Partido Popular Antonio Ameijide, dacordo coas informacións difundidas polos medios de comunicación.

O Voceiro do Goberno local lembrou que non é a primeira vez que Antonio Ameijide fai insinuacións deste tipo, e recordou que, de feito, o propio Fiscal Xefe de Lugo nun escrito do mes de setembro pasado se referíu a outras falsas acusacións ó Goberno local feitas por Ameijide, tamén sobre o servizo da ORA, como “informaciones sesgadas proporcionadas a diversos medios de comunicación por un Concejal perteneciente al Partido Popular.
  
 “Dá a impresión de que o señor Ameijide é unha marioneta de Jaime Castiñeira dí cousas que o señor Castiñeira non se atreve a dicir e manda a este Concelleiro a dicilas”, manifestou Luis Álvarez e tamén indicou que “este señor ten que ter coidado co que está dicindo porque hai cousas moi perigosas que non se poden dicir con semellante alegría”.
Escoitar audio:
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova