Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo participa na inauguración da exposición 8MIHL que se poderá desfrutar ata o 6 de abril


# Xoves, 06/02/2014
Esta mostra recolle o traballo de oito artistas de diferentes disciplinas como a fotografía, o comic, ilustración ou humor gráfico


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, asistiron a inauguración dun novo
proxecto artístico que se poderá visitar no Museo Interactivo da Historia de Lugo ata o 6 de abril que recille a obra de oito artistas lucenses.

Baixo o nome de 8MIHL, presentarán as súas obras os artistas vangardistas, Toño de López, Poy, Quique Muruais, Jojo, Miguel Fernández, Guitián, Leandro e La Cosa Gráfica que cada dúas semanas irán alternando os traballos de cada un deles.

Como se se tratase de subir unha cume do Himalaya, a proposta artística, amosa unha grande variedade de paisaxes, que van dende a pintura, pasando pola fotografía, escultura, ilustración, arte, dixital multimedia, ata facer cume no cómic. Así, cada dúas semanas unha parexa de artistas mostrará o mellor da súa obra en diferentes espazos do Museo.

A exposición comeza con fotografía de Toño de López e escultura de Poy ata o 20 de febreiro, momento no que comeza o ciclo de Quique Muruais e Jojo (Jorge Alba) ambos con mostra de pintura. A partir do 8 de marzo é o turno de Miguel Fernández e Guitián chegados do mundo do cómic e a ilustración. Finalmente dende o 23 de marzo e ata o 6 de abril serán Leandro e La Cosa Gráfica os que mostren os seus traballo de humor gráfico e multimedia.

8MIHL  recolle os seguintes traballos:

Toño de López 
Recrea un percorrido fotográfico polo rostro dunha aldea, Pacios, no Incio. Reconciliación cun lugar do que marchei fai moito tempo. 34 veciños, 34 retratos na procura do rastro de meu pai, xa finado, nos rostros de todos eles. Vida e morte cobran sentido máis que nunca nunha aldea na que todos parecen estar agardando algo definitivo. Experiencia vital na que eu volvo a traballar con eles, pero esta vez cunha cámara de pracas de 9x12. Proceso lento, traballo lento, un click emocional, a verdade dos rostros, a verdadedun rostro, ¿cal é a verdade?, non hai unha soa verdade.

POY
Na serie Homes, homiños ... prescinde da expresión realista para reducila a liñas básicas. A expresión do corpo concretada nas liñas de movimento. Procuro a expresión de ideas e sentimentos a traverso da linguaxe corporal básica. O ser humán e os sufrimentos que crea e sufre son a motivación desta colección.

Quique Muruais
O traballo denominado Colorando e Perfilandia, recolle obras que presentan integrados personaxes, obxetos e símbolos dun modo coral. Utilizando a pintura instintiva, unha visión surealista da vida e da morte. Das filias e fobias, da que a intención narrativa - no caso de que esta exista - encárgase o subconsciente, así como do imaxinario figurativo é da procura do movemento. Deixando abertas distintas contemplacións, interpretacións, miradas. Coma nos soños.

JOJO
Con Enredos mostra situacións mentais nas que faltan claridade, ou tamén momentos nos que gustamos de entreternos. Traballo que busca a esencia pura, a sinerxia inmediata do subconsciente e consciente coas mans, plasmados en cadros de formato medio/grande. A ausencia de ferramentas e a economía dos materiais reforza a expresión do pensamento.

Miguel Fernández

A linguaxe do cómic como soporte alternativo ao cinematográfico á hora de contar unha historia dunha forma máis barata e tan efectiva coma a outra. Os orixinais expostos son dos cómics: O fillo da furia, Os días do cometa, 15 Historietas de
ficción oscura e A las cinco de la tarde.

GUITIAN
Exposición de debuxos orixináis do libro El Circo Lorza escrito e ilustrado por Alberto Guitián. El Circo Lorza parodia (e tamén homenaxea) o circo de toda a vida cos seus artistas, os seus números, os seus traxes e a súa parafernalia. Cun debuxo evocador, esperpéntico e "vintage", o autor preséntanos unha disparatada galería de personaxes e momentos circenses retratados con moita retranca e certa ternura.

LEANDRO
Serie de ilustracións satíricas sobre a realidade na que chapoteamos (todos). Serán realizadas con técnica mixta, mezclando collage, tinta, arte dixital ou obxetos cotiás.
O nucleo das obras será o pensamento que hay detrás da ilustración polo que, na medida do posible, a simpleza será a base das mesmas.

LA COSA GRÁFICA

Para levar a cabo esta montaxe audiovisual baseamos todo o proxecto en dúas técnicas. Por unha banda, lembramos os libros pop-up da literatura infantil que, ao abrilos, o propio papel desprega personaxes, escenarios, situacións... por outra banda, recuperamos o teatro de sombras chinescas, pero proxectando actores reais desde un ordenador. Mesturamos a maxia das sombras e das luces co teatro real e coa miniatura feita de papel.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova