Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O 23 de febreiro o Mago Rafa estrea o espectáculo de maxia ReIlusionArte no Auditorio Gustavo Freire


# Luns, 10/02/2014
As entradas xa están á venda no Mesón do Forno, en As de Trebol, e dende o dia 15 no Centro de Información da Muralla cun prezo de 5 euros

Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o Mago Rafa, presentaron o espectáculo de maxia ReIlusionArte, magia sin distancias, que se celebrará o domingo 23 de febreiro.

Carmen Basadre explicou que “este traballo dende unha óptica moi optimista da vida” terá lugar o domingo 23 de febreiro ás 18.00 no Auditorio Gustavo Freire e que as entradas, a un prezo de 5 euros, poderanse mercar dende hoxe no Mesón do Forno, no As de Trebol e dende o 15 de febreiro no Centro de Interpretación da Muralla. Tamén o propio dia se poderán mercar nas taquillas do Auditorio Gustavo Freire.

Pola súa parte, o Mago Rafa incidiu en que “se trata dun espectáculo positivo, co que se pretende en épocas difíciles, ensinar a mirar a realidade doutra forma como cos ollos dun neno. Este espectáculo chega nun momento no que son moitas as persoas que precisan volver a crer, volver á súa infancia e volver a reilusionarte”.

Desta maneira, o ilusionista promete crear ilusións a través de increibles efectos máxicos, creados para a ocasión con mensaxes positivos e fáciles de lembrar que calarán nun público de todas as idades. Solidaridade, ilusión, esforzo, traballo ben feito, gratitude, amizade, paixón, desafío, entusiasmo, enerxía e optimismo son as acción nas que se basearon para crear este espectáculo co que se pretende ser un bo punto de partida para ver a vida de maneira positiva.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova