Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo visita as instalacións da asociación ASPNAIS que acolle a máis de 140 usuarios


# Luns, 10/02/2014
López Orozco, estivo acompañado pola Concelleira de Benestar Social e polo novo Presidente da asociación, José Reigosa



Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, visitaron esta tarde as instalacións de ASPNAIS acompañados polo novo Presidente da asociación, José Reigosa, e por traballadores diferentes traballadores.

Durante a visita recorreron todas as instalacións do centro e no que desenvolven as súas actividades diarias 149 usuarios e máis de 45 traballadores, que se reparten entre o centro ocupacional, centro de día e residencia. Ademais realizan talleres nos que crean diferentes produtos para a venda como son alfombras, velas ou fregonas, ademais de dispoñer dunha lavanderia profesional.

López Orozco destacou a importante labor que realiza esta entidade e coa que conseguen facer máis independiente e dignificar a vida dos usuarios do centro, “sen dúbida fan un traballo que toda a cidade recoñece”.

A Asociación de Pais e Tutores de Persoas con Discapacidade Intelectual de Lugo constituiuse en xaneiro de 1966 por un grupo de pais co fin de cubrir as necesidades especiais dos seus fillos. O obxectivo fundamental da asociación dende o momento da súa creación é integrar social, educativa e laboralmente ás persoas con algún tipo de discapacidade intelectural. 



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova