A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, amplia o prazo para aquelas persoas que se queiran presentar ao Concurso do cartel Arde Lucus 2014 ata o 28 de febreiro de 2014.
Trátase dun certame no que, por terceiro ano consecutivo, un xurado cualificado será o encargado de escoller a obra que máis represente o espíritu da Festa declarada de Interese Turístico e no que pode participar toda a cidadanía con traballos en A3. Os carteis obrigatoriamente terán que levar os seguintes compoñentes: Arde Lucus XXMMIV, Festa de Interese Turistico Galego, a web do Arde Lucus, a data de celebración que serán os días, 13, 14 e 15 de xuño e os logotipos das redes sociais. O premio para o gañador é de 1.000 euros.
Os interesados poderán deixar os seus traballos nun sobre pechado na Casa da Xuventude en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.30 a 21.30 horas.