Cargando....
Concello de Lugo
23/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo é o novo Vicepresidente da Asemblea do Eixo Atlántico


# Mércores, 12/02/2014
López Orozco foi elixido nunha xuntanza que celebraron en Braga os alcaldes das cidades de Galicia e o Norte de Portugal que forman este organismo transfronteirizo

Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo conseguiu o apoio do Eixo Atlántico á candidatura para a declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, foi elixido hoxe Vicepresidente da Asemblea do Eixo Atlántico, nunha xuntanza que celebrou en Braga este organismo transfronteirizo que agrupa ás principais cidades de Galicia e do Norte de Portugal.

O Alcalde de Lugo desempeñará este posto durante os próximos dous anos e nos dous seguintes pasará a ocupar o cargo de Presidente en sustitución do rexedor de Viana do Castelo.

Ambos os dous foron elixidos hoxe para dirixir a Asemblea do Eixo Atlántico o que conleva que pasarán a formar parte da Comisión Executiva do mesmo.

Ademais de renovar os órganos de dirección, o Eixo Atlántico tomou dous acordos a proposta do Alcalde de Lugo. En primeiro lugar, amosou o seu apoio á proposta de que a Ribeira Sacra sexa declarada Patrimonio Mundial pola UNESCO e tamén acordou estudar a inclusión do Eixo Atlántico no Clúster do turismo de Galicia para establecer mecanismos de colaboración entre as cidades galegas e do Norte de Portugal na difusión dos atractivos turísticos das dúas beiras do Miño. 

Na xuntanza celebrada en Braga participaron todos os Alcaldes das cidades galegas e do Norte de Portugal que forman o Eixo Atlántico, agás o rexedor de Vigo.


Arde Lucus

Aproveitando a celebración en Braga da Asamblea xeral do Eixo Atlántico, tamén tivo lugar unha xuntanza referida ás festas de recreación histórica na que participou a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, Carmen Basadre. Na reunión tamén estiveron presentes representantes da Cámara Municipal de Braga, e do Concello de Astorga, asi como o Presidente da asociación de Astures e Romanos desta última cidade.

Segundo explicou Basadre, na reunión traballouse para crear unha rede que permita a divulgación das festas de recreación histórica das tres cidades, a riqueza cultural, arqueolóxica, e o patrimonio de cidade “Augustas” que formaron a Gallaecia e que ademais compartes a vía XIX.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova