Imprimir

O ALCALDE PRESIDIU A RECEPCIÓN AOS DEPORTISTAS DA ESCOLA LUCENSE QUE PARTICIPARON NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CLUBS DE TAEKWONDO


13/2/2014

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta tarde aos deportistas do equipo da Escola Lucense de Taekwondo que veñen de participar no Campionato de España e que acadaron 2 medallas de bronce.


A Escola Lucense de Taekwondo acudiu a esta cita deportiva coa representación de Iván Sangiao e Xabier Fernández Ruíz na categoría masculina; Sheila Fernández, Elena Casanova e Janice López en categoria feminina. 

Os adestradores, Jorge Moreno e Fernando Rubal, explicaron ao Alcalde a excelente actuación da Escola Lucense xa que é unha das Escolas con mellor palmarés a nivel galego e que no ano 2013 conseguiu 198 medallas e trofeos en diferentes competicións. A Escola Lucense de Taekwondo, que entrena en instalacións municipais, ten 130 deportistas de todas as idades.

O Alcalde de Lugo animou aos deportistas a seguir traballando e acadando éxitos, levando así o nome de Lugo moi lonxe. López Orozco quixo destacar a importancia do deporte na mocidade, e agradeceu os adestradores o traballo realizado cós rapaces e rapazas que adican parte do seu tempo de lecer ás actividades deportivas, que según destacou “axudan a formar non só bos deportistas senón tamén boas persoas”.