Cargando....
Concello de Lugo
23/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo reclama unha maior inversión pública no 10º aniversario da titulación de Enxeñería Civil da USC en Lugo


# Xoves, 13/02/2014


Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, asistiu esta mañá ao 10º Aniversario da titulación de Enxería Civil na USC que se celebrou na Escola Politécnica Superior do campus de Lugo. No acto no que tamén participaron o Vicerreitor de Coordinación e Planificación do campus de Lugo, Pedro García Herradón, o deputado provincial delegado da Área de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Álvaro Santos, a presidenta do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Obras Públicas, Paloma Gázquez Collado, a directora da Axencia Galega de Infraestruturas da Consellería de Medio Ambiente, Ethel Vázquez, e o director da Escola Politécnica Superior, Javier Bueno Lema.

Na súa intervención, José López Orozco, solicitou unha maior inversión pública e deixar atrás as políticas de austeridade e recortes impulsadas polos dirixentes da Unión Europea e do Goberno de España que “considera un grave erro” xa que a maior fonte de riqueza é o coñecemento e a educación como vías para un maior desenvolvemento económico que xere emprego e benestar.

O vicerreitor de Coordinación e Planificación do campus de Lugo, Pedro García Herradón, presidiu a sesión, que comezou cun relatorio sobre as pontes romanas en Galicia, a cargo do doutor enxeñeiro en Camiños, Portos e Canais, Manuel Durán Fuentes, e durante a que se procedeu á entrega de diplomas e insignias aos titulados/as en Enxeñaría Civil xa egresados/as da Escola Politécnica que no seu día obtiveron os Premios Extraordinarios da titulación de Enxeñaría Civil.
 
A relevancia da Enxeñaría Civil, considerada como a máis antiga das enxeñarías e cuxas actividades profesionais asociadas, presentes nos distintos, por non dicir en todos os ámbitos da sociedade, sempre orientadas a garantir e mellorar o grao de benestar das persoas foron dúas das ideas máis reiteradas no transcurso desta sesión, na que tamén quedou de manifesto a actual conxuntura de dificultade pola que atravesa a Enxeñaría Civil por mor da redución da inversión pública. Ao longo dos dez anos de vida da titulación, a EPS egresou máis de 220 enxeñeiros civís.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova