Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A área de Xuventude organiza novas actividades e cursos como alternativas de ocio para os mozos e mozas da cidade


# Xoves, 13/02/2014
Carmen Basadre e Diego Vallejo presentaron o 1º curso de copilotaxe que se levara a cabo no mes de abril

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
Tamén se abre o prazo para participar nas novas actividades dos sábados +XTI 

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou varias actividades dirixidas para os mozos e mozas da cidade e que están financiadas a través dos fondos do Plan Nacional sobre Drogas.

Entre elas destaca a nova programación de actividades dos sábados +XTI dirixida a mozos e mozas entre 12 e 30 anos como alternativa de ocio xuvenil saudable. Estas actividades levaranse a cabo na Casa da Xuventude e no ximnasio de o IES As Mercedes durante os sábados ata o 29 de xuño. 

As persoas interesadas poderán practicar break dance, hip-hop, acrosport, parkour, defensa persoal ou mellora de habilidades deportivas tanto en horario de mañá como de tarde. A inscrición que é gratuíta deberá facerse na Casa da Xuventude.

No Centro de Convivencia Díaz Castro tamén se van a levar a cabo actividades para mozos e mozas de entre 11 e 17 anos todos os venres de 17 a 18.30 entre o 14 de febreiro e o 19 de setembro. Con esta acción preténdese crear un punto de encontro para os rapaces do barrio e que poidan relacionarse e compartir novas experiencias a través de obradoiros, xogos ou festas temáticas. 

1º Curso de taller de copilotaxe
Carmen Basadre acompañada por Diego Vallejo presentaron o primeiro curso de copilotaxe que se celebrará os dias 12 e 13 de abril e que conta con 25 prazas. Os mozos e mozas interesados entre 16 e 35 anos poderán incribirse a través do 010 a partir do 24 de febreiro. Os participantes desfrutarán de dúas xornadas relacionadas co mundo do motor, a primeira delas teórica no Centro de Convivencia Uxio Novoneyra e a segunda na que levarán á práctica o aprendido no circuito da Pastoriza. 

Ademais, segundo explicou Diego Vallejo, o participante do curso que máis destaque polas súas habilidades poderá disputar de copiloto unha carreira co campión de España de rallies, Sergio Vallejo.

Curso Monitor Tempo Libre
Este curso permitirá ás persoas que se inscriban ter un título oficial e avalado pola Xunta de Galicia de monitor de tempo libre.  O prazo está aberto dende hoxe e ata o 26 de febreiro ás 20.00 horas na Casa da Xuventude. O curso, dirixido a mozos e mozas de entre 18 e 35 anos, terá unha duración de 350 horas que comezarán o 28 de marzo e rematan o 25 de maio. A matricula do curso será de 51,50 euros. O número de plazas é de 25.

Escoitar audio:
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova