Cargando....
Concello de Lugo
23/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Comezan as obras de demolición para a creación dun edificio de Novas Tecnoloxias na parte traseira da Casa do Concello


# Martes, 18/02/2014
O Alcalde de Lugo explicou que se trata dunha “moi boa noticia” e que desta maneira se leva a cabo unha idea que todos os Alcaldes tiveron pero non deron feito

Imaxe Asociada
Trátase dun novo proxecto do Plan Urban que cofinancian a Unión Europea, o Concello e a Deputación

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, e a Deputada de Artesanía e Deseño, Regina Polín, visitaron esta mañá as obras de demolición de dous edificios anexos á Casa do Concello. O proxecto é unha nova intervención que leva a cabo en Lugo o Plan Urban, que ten un 80% de cofinanciación do FEDER da Unión Europea e o que tamén realizan achegas económicas o Concello e a Deputación provincial.

Nesta primeira fase levarase a cabo a demolición dos edificios, o reforzo da cimentación e tamén se farán as excavacións arqueolóxicas pertinentes, e segundo os resultados das mesmas marcaranse os tempos para a licitación da segunda fase. Esta primeira actuación terá un orzamento de 88.111 euros e un prazo de execución de sete semanas.

López Orozco sinalou que “este era un proxecto anhelado por moitos dos anteriores alcaldes e que finalmente se pode facer agora grazas aos fondos Feder cos que se financia o Plan Urban que nos permiten o cumprimento deste ansiado proxecto”.

Este novo centro, que estará comunicado co actual edificio da Casa Consistorial, contará con dúas plantas. Na planta baixa estará un espazo de atención ao público e haberá equipos informáticos inalámbricos a disposición dos usuarios. Na primeira planta estarán as aulas de  reunións que se poderán prestar para xuntanzas de emprendedores e empresarios que carezan dun espazo físico para levalas a cabo.

Finalmente, no baixo cuberta situarase un aula de formación para cursos ou actividades. Como novidade está que as tres plantas estarán en comunicación con diversos espazos abertos. O equipo gañador do concurso de redacción do proxecto foi a empresa lucense Dvega Arquitectura, despois de que a súa propostas fose seleccionada por un comité de expertos.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova