Cargando....
Ayuntamiento de Lugo
24/11/17
NOTICIAS
Escucha esta página

Celestino Fernández de la Vega xa conta cunha placa que conmemora os 100 anos do seu nacemento


# Martes, 18/02/2014
O Alcalde de Lugo destacou a importancia que o escritor e pensador lucense tivo na vida da cidade

Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da lingua, Carmen Basadre, asistiron ao acto de colocación dunha placa en memoria do escritor Celestino Fernández de la Vega Pardo na fachada do edificio no que residiu unha grande parte da súa vida, na rúa Dr. Gasalla.

López Orozco destacou a figura deste importante pensador lucense e a relevancia que tivo na súa época para o desenvolvemento da cidade, ademais de ter feito unha das mellores traducións da obra Da esencia da verdade, do filósofo Martin Heidegger, xunto con Ramón Piñeiro desde o alemán. Importante foi tamén o seu papel na fundación da editorial Galaxia.

Con este acto organizado polo Club Cultural Valle-Inclán, e do que foi un dos fundadores xa que figura como socio número 1, fíxose unha pequena homenaxe aos 100 ano do nacemento deste pensador e escritor nacido en Friol pero que residiu en Lugo. Un dos seus traballos máis coñecidos é sobre o humor e leva por título O segredo do humor.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre ventana nueva Instituto de Crédito Oficial,Abre ventana nueva