Cargando....
Concello de Lugo
21/01/21
NOVAS
Escoita esta páxina

A Intervención municipal comproba a existencia dalgúns retrasos no pago ó Concello do canon da ORA


# Martes, 18/02/2014
Os retrasos deron lugar a un requerimento feito polo Concello á concesionaria do servizo, que subrogou ó persoal da anterior adxudicataria

Ata marzo de 2010 houbo demoras pola necesidade de revisar todos os tickets en papel



A Intervención do Concello de Lugo vén de emitir un informe relativo ó funcionamento do sistema ORA na cidade no que pón de manifesto que, entre os anos 2009 e 2013, producíronse en distintas ocasións retrasos no abono ás arcas municipais do canon por parte da empresa concesionaria. Tamén sostén que ata o 7 de marzo de 2010 a demora producíase por ter que comprobar todos e cada un dos tickets en papel presentados pola empresa.

A Intervención municipal elaborou este informe en resposta a unha solicitude de datos feita polo Partido Popular. A Intervención do Concello non recibiu, polo de agora, ningunha petición de información sobre o mesmo tema procedente do Xulgado de instrucción número 1 que foi anunciada polos medios de comunicación.

Dacordo cos datos contidos no informe elaborado pola Intervención municipal, sempre que se produciron retrasos no pagamento do canon a demora foi normalmente dun mes e no expedente consta un requerimento feito á empresa no ano 2012.

Ademais, segundo destaca o escrito da Intervención, “dacordo cos informes relativos á execución das tarefas de comprobación efectuadas entón polo Departamento de Planificación orzamentaria e Control de Concesións: se pode indicar que a partir do 7 de marzo de 2010 é cando se puido comezar a proceder á comprobación das recadacións segundo o programa instalaco pola empresa no Concello, antes desta data remitíanse tickets en papel. A demora prodúcese pois había que revisar todos e cada un dos tickets presentados pola empresa o que daba lugar a un traballo máis lento”. 

O informe da Intervención tamén dá conta de que no expedente consta un requerimento á empresa feito polos servizos municipais, con data 24 de outubro, relativo ó abono do canon correspondente ós meses de agosto e setembro dese mesmo ano.

O informe tamén confirma que no prego de condicións deste contrato estableceuse a obriga de subrogar ós traballadores que formaban parte do plantel da empresa adxudicataria do anterior contrato do servizo da ORA, cousa que así se fixo.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova