Cargando....
Concello de Lugo
21/05/22
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo acolle a I Duatlon Cross Correcamiños puntuable para o campionato galego e que se celebra na parroquia de Santa Maria Alta


# Mércores, 19/02/2014
Nesta proba están inscritos 99 participantes que farán unha distancia de 27 km nun circuito pechado

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Concelleiro de Deportes, Jose Manuel Díaz Grandio, presentou esta mañá o I Duatlon Cross Correcamiños que se celebra o próximo domingo 23 de febreiro na parroquia de Santa Maria Alta. Ao acto tamén asistiron Alejandro Lamela, organizador e membro do Club Ciclista Correcaminos, Ángeles Otero, Secretaria da Federación Galega de Triatlón, e Raúl Centelles, representante de Begano Coca-Cola.


Díaz Grandio invitou a que “os afeccionados ao deporte se acheguen a ver a proba e que disfruten do espazo natural que temos no Concello de Lugo” e sinalou que “debemos estar orgullosos porque esta proba será na que se decida o Campionato Galego de Duatlón”. Para o I Duatlon Cross de Lugo están inscritos 99 participantes.

Na cidade de Lugo hai unha gran tradición e representación no mundo do Duatlón polo que se decidiron a crear esta proba da especialidade de cross completando asi a oferta de probas relacionadas con este deporte, segundo explicou Alejandro Lamela.

A proba constará dun circuito moi atractivo, nunha localización próxima á cidade e na que non se tocará o asfalto cun total de 27 km, dos que os 6 primeiros serán a pé, 18 en bicicleta de montaña e 3 km finais a pé. A proba desenvolverase na parroquia de Santa Maria Alta, en concreto na zona da urbanización As Campas.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova