Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello saca a licitación as actividades deportivas municipais cun presuposto que supera un millón de euros


# Mércores, 19/02/2014
Luis Álvarez anuncia que 130 empresas optan á execución de catro proxectos municipais, o que supón outra proba da confianza que ten o sector empresarial na limpeza das contratacións que fai o Concello de Lugo

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Goberno local aprobou hoxe a licitación das actividades deportivas municipais, unha contratación que conta cun presuposto total de 1.038.000 euros, segundo anunciou o Voceiro do Goberno local e Concelleiro de Urbanismo, Luis Álvarez.

Luis Álvarez, explicou que a Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a contratación, dividida en dous lotes, un por importe de 231.000 euros para as actividades deportivas das Pedreiras e o Polvorín e o segundo, por importe de 807.000 euros, para as actividades que se desenvolven nas instalacións de Frigsa e outras dependencias municipais.

Indicou tamén o Voceiro do Goberno local que a contratación farase por dous anos con dúas prórrogas dun ano cada unha.

A Xunta de Goberno aprobou tamén varias licenzas destacadas. Unha delas foille concedida á Xunta para a cubrición parcial nas zonas norte e sul da bancada leste do estadio de fútbol Ángel Carro.

Outra das licenzas aprobada hoxe facilitará a mellora estética da Avenida da Coruña xa que se trata da autorización para demoler a edificación de pranta baixa en ruínas situada no número 321.

Ademais, o Goberno tomou razón dunha sentenza firme favorable ó Concello nun recurso contencioso administrativo interposto contra a denegación de licenza para a instalación, apertura e funcionamento dunha estación base de telefonía móbil.

Tamén no apartado de Urbanismo, a Xunta de Goberno tomou o acordo de impoñer a sétima multa coercitiva e reiterar a execuciónd as obras ordenadas no inmoble número 48 da Ronda da Muralla. Neste caso, a sanción ten un importe de 6.000 euros e o total das multas impostas suma un importe de 35.000 euros.


130 ofertas para catro proxectos municipais

O Voceiro do Goberno local tamén deu conta da finalización do prazo para a presentación de propostas para a execución de varios proxectos que vai levar a cabo o Concello de Lugo. Son catro proxectos que tiveron unha gran repercusión entre as empresas xa que se presentaron 130 ofertas, o que demostra a confianza do sector empresarial na transparencia e limpeza coas que o Concello de Lugo fai as contratacións.

Luis Álvarez explicou que o elevado número de empresas que presentaron as súas propostas “quere dicir que as empresas teñen absoluta confianza no sistema de contratación do Concello de Lugo, saben que se vai aplicar estritamente o que dí a Lei de Contratos das Administracións Públicas, xa que se tiveran a máis mínima dúbida de como se fan as contratacións, evidentemente non se presentarían”.

Álvarez informou de que se presentaron 46 empresas para executar a obra de reforma do Mercado municipal de Quiroga Ballesteros, que se van levar a cabo con fondos do Plan Urban, cofinanciado no 80% pola Unión Europea a traverso do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

Outras 49 empresas optan a outra actuación do Plan Urban consistente na rehabilitación do espazo urbano situado na Calella do Hospital e o Carril do Son.

A outro proxecto consistente na rexeneración de pavimento e renovación de servizos na Ronda das Fontiñas, treito Carril de Caíño-Rúa San Xillao aspiran 31 empresas.

E, por último, outras catro empresas presentaron ofertas para a convocatoria de autorización do uso especial do dominio público para instalación de máquinas automáticas expendedoras de bebidas frías, quentes e produtos non perecedeiros nos edificios e instalacións municipais.
Escoitar audio:
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova