Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Alumnos do IES Lucus Augusti presentan no Concello o traballo realizado coa organización Solidaridade Internacional en materia de comercio xusto


# Xoves, 20/02/2014
Forman parte dunha campaña educativa que baixo o nome de Vaia Tela intentan concienciar aos mozos e mozas da explotación do sector textil

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, recibiron a un grupo de 24 alumnos de 4º da E.S.O. do IES Lucus Augusti que presentaron o traballo realizado en materia de comercio ético.

Na presentación, os alumnos e alumnas, comentaron como levaron a cabo o traballo para testar os coñecementos que os lucenses teñen do comercio xusto e tamén se interesaron polo papel que realiza o Concello coas organizacións non gubernamentais que promoven este tipo de comercio.

López Orozco destacou que “é moi importante para a sociedade que existan persoas que dende pequenos sexan conscientes das desigualdades e de que se todos poñemos da nosa parte eses problemas poden diminuir considerablemente”.

Durante este curso os alumnos e alumas de 3º e 4º da ESO, están participando na campaña educativa Vaia Tela de Solidaridade Internacional de Galicia. Esta campaña ten por obxectivo dar a coñecer aos participantes as condicións de explotación do sector textil nos paises en vias de desenvolvemento. Segundo explicou a súa profesora, Maribel Valiela, o obxectivo é fomentar criterios de compra éticos entre os mozos e mozas  e un consumo responsable.

Os alumnos e alumnas levaron a cabo diferentes accións na rúa para dar a coñecer estas condicións de explotación entre a poboación lucense ademais de recoller sinaturas a favor do comercio xusto.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova