Imprimir

HOXE INAUGÚRASE A EXPOSICIÓN DO SEGUNDO GRUPO DE ARTISTAS QUE FORMA PARTE DA PROXECTO 8MIHL QUE SE PODERÁ DESFRUTAR ATA O 6 DE ABRIL


21/2/2014 Esta mostra recolle o traballo de oito artistas de diferentes disciplinas como a fotografía, o comic, ilustración ou humor gráfico

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, asistiu á inauguración do segundo grupo de artistas que forma parte do proxecto artístico que se poderá visitar no Museo Interactivo da Historia de Lugo ata o 6 de abril que recolle a obra de oito artistas lucenses.


Así, dende hoxe e ata o 7 de marzo, exporán os seus traballos tanto Quique Muruais como JOJO (Jorge Alba), con traballos de pintura.

Quique Muruais presenta un traballo denominado Colorando e Perfilandia, no que recolle obras que presentan integrados personaxes, obxetos e símbolos dun modo coral. Utilizando a pintura instintiva, unha visión surealista da vida e da morte. Das filias e fobias, da que a intención narrativa - no caso de que esta exista - encárgase o subconsciente, así como do imaxinario figurativo é da procura do movemento. Deixando abertas distintas contemplacións, interpretacións, miradas. Coma nos soños.

Por outra parte, Jojo presenta o traballo Enredos que mostra situacións mentais nas que faltan claridade, ou tamén momentos nos que gustamos de entreternos. Traballo que busca a esencia pura, a sinerxia inmediata do subconsciente e consciente coas mans, plasmados en cadros de formato medio/grande. A ausencia de ferramentas e a economía dos materiais reforza a expresión do pensamento.

Baixo o nome de 8MIHL, presentarán as súas obras os artistas vangardistas, Toño de López, Poy, Quique Muruais, Jojo, Miguel Fernández, Guitián, Leandro e La Cosa Gráfica que cada dúas semanas irán alternando os traballos de cada un deles.