Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo traballa na modificación da normativa reguladora da Comisión de Reclamacións e Suxestións para unha maior axilidade na tramitación


# Luns, 24/02/2014
O Concelleiro de Servizos Xerais sinalou que sempre facemos as melloras para que a cidadanía conta cun grao maior de satisfacción

O Concelleiro de Servizos Xerais e Participación Cidadá, Manuel Núñez, informou que se traballa na modificación parcial do Regulamento Orgánico Municipal, no que se refire á normativa reguladora da Comisión Especial de Reclamacións e Suxestións “co obxetivo de acadar un maior grado de satisfacción na cidadanía”.

Desta maneira, o Concello de Lugo, traballa na mellora dos medios de participación cidadá buscando aínda unha maior axilidade da tramitación e así lograr máis eficacia no seu funcionamento.

Por iso estúdase esta modificación da normativa, e sobre a que os grupos da oposición xa presentaron alegacións que na súa maioria foron aceptadas, co fin de axilizar os trámites, axustar os prazos, e os contidos dos informes dos servizos á hora de atender ao cidadán.

Manuel Nuñez sinalou que “estes cambios buscan un maior grado de eficiencia no funcionamento da adminsitración municipal e un maior grao de satisfaccion na cidadanía.” Tamén anunciou que haberá novas reunións para rematar estas modificacións.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova