Imprimir

XA ESTÁ COLOCADA A LONA QUE SIMULA A NOVA FACHADA DO VELLO CÁRCERE E QUE A CUBRIRÁ MENTRES DUREN AS OBRAS


24/2/2014

As obras da segunda fase de rehabilitación do Vello Cárcere afectan á fachada principal do edificio polo que o Concello de Lugo decidiu instalar unha lona que simula a imaxe da fachada unha vez rematen as obras e que xa se pode ver dende hoxe.

Desta maneira, a nova instalación, cubrirá a zona mentres duren as obras de rehabilitación da parte dianteira do Vello Cárcere, co que se consegue unha imaxe máis armoniosa nunha zona tan próxima á Muralla Romana. Esta acción está financiada co Plan Urban, que conta co 80% de cofinanciamento da Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.