Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Este venres remata o prazo para inscribise no desfile infantil e no mercado do Entroido 2014


# Martes, 25/02/2014
O Concello de Lugo repartirá máis de 7.000 euros en premios aos mellores disfraces individuais e as mellores comparsas

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, informa que segue aberto o prazo para inscribirse nos desfiles de disfraces tanto en categoría adulto como en infantil.

Na categoría infantil os interesados en participar no desfile que vai ter lugar o sábado 1 de marzo a partir das 17.00 horas poderán inscribirse ata este venres 28 de febreiro ás 14.30 na Concellería de Cultura. Os premios oscilarán entre o valor en libros de 30 euros do 3º premio individual e os 150 euros do 1º premio de comparsas . Ademais tamén haberá na categoría infantil un premio especial para os disfraces de elaboración propia e con materiais reciclados: papel, cartón, cartolina, cortizas, follas de árbores, plásticos, bricks, etc.

Por outra parte, na categoría adulta os interesados en participar no desfile que vai ter lugar o martes 4 de marzo a partir das 17.00 horas poderán inscribirse ata o 3 de marzo ás 14.30 na Concellería de Cultura. Os premios oscilarán entre os 50 euros do 3º premio individual e os 1.000 euros do 1º premio de comparsas.


Mercado de produtos típicos

O sábado día 1 de marzo tamén terá lugar no soto da praza de Abastos a tradicional Feira de Produtos Típicos de Entroido dende as 10.00 horas. Todas aquelas persoas que desexen participar deberán facer a inscrición nas oficinas municipais de Cultura, ata ás 14’30 horas do día 28 de febreiro.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova