Cargando....
Concello de Lugo
29/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo condena a violencia de xénero e convida á cidadanía a sumarse á concentración que terá lugar mañá ás 12 na Praza Maior


# Martes, 25/02/2014
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade manifestou a súa repulsa por este tipo de actos contra as mulleres e insistiu na importancia de denunciar

O Concello de Lugo condena a violencia de xénero e lamenta o feito acontecido hoxe  cunha veciña da cidade e ofrece as súas condolencias á familia da vítima segundo anunciou a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, ademais de poñer á disposición da familia os medios municipais que precisen.

Así, Ana González Abelleira, informou que se vai celebrar unha concentración diante da Casa do Concello mañá mércores 16 ás 12.00 horas en repulsa da violencia de xénero e “á que invitamos a institucións e aos veciños e veciñas para que se sumen e sexamos máis contra unha lacra á que lle hai que poñer fin”.

A responsable de Igualdade quixo lembrar que “é moi importante chamar ao teléfono gratuito 016 tanto as vítimas como o seu entorno para evitar situacións de perigo para as mulleres” que é gratuito e non deixa rastro no teléfono.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova