Imprimir

AUTORIDADES E VECIÑOS DE LUGO PARTICIPARON NA CONCENTRACIÓN CONVOCADA POLO CONCELLO PARA CONDENAR O ASASINATO DA LUCENSE VÍTIMA DA VIOLENCIA MACHISTA


26/2/2014 O Concello de Lugo decretou tres dias de loito oficial en memoria de Maria Luisa Jiménez Jiménez

O Alcalde accidental, Luis Álvarez,  e a Concelleirade Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, encabezaron esta mañá a concentración contra a violencia machista que convocou o Concello para condenar o asasinato da veciña de Lugo, María Luisa Jiménez Jiménez.


Na concentración participaron a Corporación municipal e outras autoridades como o Presidente da Deputación Provincial, José Ramón Gómez Besteiro; o Subdelegado do Goberno, Ramón Carballo, e deputados provinciais. Tamén se sumaron ó membros da Asociación Secretariado Xitano, traballadores municipais e veciños e veciñas, que sostiveron unha pancarta co texto  “Ante a violencia de xénero, tolerancia 0”. 

A concentración, na que se gardaron cinco minutos de silencio, tivo lugar diante da Casa do Concello e nela a Concelleira de Benestar Social anunciou que se celebrarán tres dias de loito oficial no Concello.

Unha vez rematado o acto, Ana G. Abelleira, manifestou  “as súas condolencias á familia da vítima”  e, en segundo lugar, “debemos decir basta xa de tanta violencia e todos temos que poñer da nosa parte para rematar con esta lacra que invade a toda España”. 

“Temos que pedir a todas as persoas que sempre que teñan coñecemento de indicios de violencia que denuncien tanto a través do 016 como ante as forzas e corpos de seguridade para velar pola seguridade das mulleres” segundo manifestou González Abelleira.