Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Trinta e tres empresas ofrécense a facer dúas obras do Concello de Lugo, o acceso Carballido-As Regas e a instalación da nova tubería de abastecemento a Montero Ríos


# Mércores, 26/02/2014
Luis Álvarez destaca a confianza das empresas no procedemento de contratación do Concello e informou de que o TSXG respalda o PXOM en todas as sentenzas que leva ditado

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
Un informe da OCU sitúa a auga de Lugo entre as dez máis baratas de España

O Voceiro do Goberno local, Luis Álvarez, anunciou hoxe que 33 empresas presentaron oferta para executar obras que sacou a contratación o Concello de Lugo.

Álvarez explicou que para a construcción do acceso Carballido-As Regas, cun presuposto de 110.827 euros, presentaron oferta 27 empresas e para a renovación da tubería de abastecemento de auga en Montero Ríos presentáronse as seis empresas que foron convidadas. Neste caso, o Concello optou por un procedemento negociado de urxencia e foron convidadas seis empresas, o dobre das que é obrigatorio por lei.

Luis Álvarez destacou que o gran número de empresas que concorren a estes e ós outros procesos de adxudicación de obras que ten en marcha o Concello de Lugo demostran, unha vez máis, a confianza que ten o sector empresarial nos procedementos de contratación desta administración local.

A Mesa de Contratación do Concello iniciou hoxe os trámites para a adxudicación dos dous proxectos mencionados.

Respaldo ó PXOM

O Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente tamén informou de que o Concello todas as sentencias ditadas ata o de agora polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nos distintos recursos interpostos contra o Plan Xeral de Ordenación Municipal foron favorables ás teses defendidas pola institución local, o que “quere dicir que as cousas foron feitas de xeito correcto, como se deben facer”.

Auga a prezo barato

Luis Álvarez tamén deu conta de que, dacordo cun recente informe da Organización de Consumidores e Usuarios, o prezo da auga no Concello de Lugo está entre os dez máis baratos de España.

Este dato, xunto co que se acaba de coñecer que sitúa o prezo do IBI no Concello de Lugo como o sétimo máis barato de España e o máis económico de Galicia, vén corroborar con probas irrefutables o que dí o Goberno local e desminte as continuas afirmacións de Jaime Castiñeira, “que tenta enganar ós veciños cando asegura que Lugo ten unha presión fiscal e de servizos desmesurada e que o Concello ten un gran afán recaudatorio e pretende esquilmar ós lucenses”, destacou o Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente.

Acordos da Xunta de Goberno


A Xunta de Goberno Local aprobou este mércores as bases e a convocatoria pública para a autorización do uso en precario do local social sito na praza das Illas, 3 para asociacións sen ánimo de lucro da zona de Montirón.

Esta convocatoria ten por obxecto facilitarlles ás asociacións sen ánimo de lucro, inscritas no Rexistro municipal de asociacións, que desenvolven a súa actividade na zona de Montirón, un espazo axeitado onde desenvolver as súas actividades e dar cumprimento ós seus fins estatutarios.

O prazo para a presentación das solicitudes será de quince días contados a partir do día seguinte ó da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

O local poderá ser cedido a unha soa entidade ou a varias, de maneira que o utilicen de forma compartida, xa sexa no mesmo ou distinto horario.

Este local será equipado polo Concello, aínda que é responsabilidade das asociacións o seu coidado e mantemento. O Concello correrá cos gastos de electricidade e auga corrente. A limpeza e mantemento do local será responsabilidade dos cesionarios.
A autorización de uso terá unha duración inicial dun ano prorrogable. Co inicio de cada ano natural, deberán entregar ó Concello unha memoria das actividades realizadas o ano anterior.

Tamén se aprobaron hoxe as seguintes revisións de prezos, coa correspondente aplicación do IPC:

-para a actualización do contrato administrativo correspondente ó servizo de limpeza nos diferentes centros e dependencias municipais, así como nos colexios públicos do concello de Lugo, lote número 1, de xeito que o prezo máximo anual do contrato quedará establecido na cantidade de 962.650 euros.

-para a actualización do contrato administrativo correspondente ó servizo de limpeza nos diferentes colexios públicos do concello de Lugo, lote número 2, polo que o prezo máximo anual do contrato quedará establecido en 785.593 euros.

-para a terceira anualidade da autorización do aproveitamento especial de varios espazos de dominio público municipal das terrazas números 1 e 3 sitas na rúa San Marcos que quedan así: terraza nº 1: 4.766,57 euros e terraza nº 3: 3.872,84 euros.

A Xunta de Goberno tamén acordou hoxe desestimar  un recurso presentado pola propiedade do inmoble número 42 da rúa Xulia Minguillón contra a imposición da  sétima multa coercitiva cun importe de 6.000 euros polo incumprimento da orde de execución de obras.

Asimesmo, a Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a prórroga do contrato administrativo correspondente á cafetería anexa ó complexo da piscina municipal de Frigsa por un período dun ano contado a partires do día 1 de marzo de 2014.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova