Cargando....
Concello de Lugo
13/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde reclama a colaboración institucional para diminuir o número de accidentes nas vías urbanas


# Mércores, 26/02/2014
López Orozco participou na I Xornada Iberoamericana sobre Boas Prácticas na Seguridade Vial Municipal

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, interviu hoxe, xunto coa Directora Xeral de Tráfico, María Seguí, na inauguración da I Xornada Iberoamericana sobre Boas Prácticas na Seguridade Vial Municipal, celebrada en Madrid.

López Orozco destacou na súa intervención a importancia da colaboración de todas as administracións, mesmo os concellos, para acadar a diminución no número de accidentes de tráfico nas vías urbanas.

O Alcalde defendeu a necesidade de mellorar a formación vial dos peóns e dos condutores. Neste sentido propuxo a realización de cursos de reciclaxe, cada dez ou quince anos, para os condutores.

Outro aspecto ó que fixo referencia foi á importancia que ten a sinalización das cidades, tanto horizontal como vertical.

Para López Orozco é primordial, tamén, que os condutores sexan conscientes de que os vehículos están para prestar un servizo e non para competir en forza ou velocidade cos resto dos condutores.

Outra proposta que fixo o Alcalde na súa intervención foi a de que se dea un papel máis importante ós test psicotécnicos para a obtención ou renovación do permiso de conducir.

O Alcalde tamén aproveitou a súa presencia esta mañá en Madrid, para presidir a reunión ordinaria que celebrou a Comisión de Seguridade e Convivencia Cidadá da Federación Española de Municipios e Provincias, órgano do que é Presidente.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova