Cargando....
Concello de Lugo
11/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Aplázase o desfile infantil de Entroido para o martes 4 ante a previsión de mal tempo para o fin de semana


# Xoves, 27/02/2014
Comezará ás 16.30 horas xusto antes que o desfile de adultos e fará o mesmo percorrido polas rúas do centro da cidade

A Concelleria de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, informa que debido ás condicións meteorolóxicas que se pronostican para o sábado 1 de marzo, aplázase o desfile concurso infantil de Entroido.  A nova data de celebración, será o martes 4 de marzo ás 16.30 horas, xusto antes de que comece o desfile de adultos.

En ambos casos farán o mesmo percorrido polas rúas da cidade, saínda da Praza da Soidade, Praza de Santo Domingo, Rúa da Raíña e Praza Maior. O que non se modifica é o prazo para as inscricións que rematan mañá venres 28 de febreiro ás 14.30 horas.


Bando Entroido
O Alcalde, José López Orozco, vén de ditar un bando con motivo da celebración das festas do Entroido no que se lembra a todos os cidadáns a normativa aplicable en materia de produtos pirotécnicos e sobre fabricación, circulación e venda de obxectos explosivos para uso infantil.
 
O bando destaca que “coa fin de garanti-lo máximo de tranquilidade cidadá, prohíbese o uso dos productos pirotécnicos nas vías e espacios públicos, evitándose que a súa utilización produza unha perturbación por ruídos para a veciñanza, evitable coa observancia dunha conducta cívica normal, e atenderase en todo momento ás indicacións que fagan os axentes da Policía Local”.

Dacordo coa normativa, tamén sinala o bando que “os productos pirotécnicos para a venda deberán cumprir as seguintes normas:

  1. Queda prohibida a fabricación, circulación e venda dos chamados “mistos de cazoleta” ou “garibaldis”, pedras detonantes ou fogueiras e, en xeral, calquera obxecto para uso infantil que presente externamente substancias explosivas ou detonantes susceptibles de contacto directo.
  2. En canto á comercialización de artificios pirotécnicos, a unidade mínima de venda ó público será o envase, debidamente etiquetado, quedando prohibida a venda de unidades soltas. Sobre cada artificio se reflectirá a lo menos, o número de orde de catalogación e o número de rexistro industrial ou o CIF ou NIF do fabricante, xa sexa nacional ou importador, excepto naqueles que polo seu pequeno tamaño ou pola súa constitución non permitan ningún tipo de impresión ou pegatina.
  3. Queda prohibida a venda ambulante de productos pirotécnicos.
  4. Queda prohibido o subministro e uso de artificios pirotécnicos aos menores de 12 anos, a excepción dos pistóns de percusión para xoguetes infantís que non terán cores vivas nin sabor doce que poidan resultar atractivos para os nenos”.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova