A Concelleria de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, informa que debido ás condicións meteorolóxicas que se pronostican para o sábado 1 de marzo, aplázase o desfile concurso infantil de Entroido. A nova data de celebración, será o martes 4 de marzo ás 16.30 horas, xusto antes de que comece o desfile de adultos.
En ambos casos farán o mesmo percorrido polas rúas da cidade, saínda da Praza da Soidade, Praza de Santo Domingo, Rúa da Raíña e Praza Maior. O que non se modifica é o prazo para as inscricións que rematan mañá venres 28 de febreiro ás 14.30 horas.
Bando Entroido
O Alcalde, José López Orozco, vén de ditar un bando con motivo da celebración das festas do Entroido no que se lembra a todos os cidadáns a normativa aplicable en materia de produtos pirotécnicos e sobre fabricación, circulación e venda de obxectos explosivos para uso infantil.
O bando destaca que “coa fin de garanti-lo máximo de tranquilidade cidadá, prohíbese o uso dos productos pirotécnicos nas vías e espacios públicos, evitándose que a súa utilización produza unha perturbación por ruídos para a veciñanza, evitable coa observancia dunha conducta cívica normal, e atenderase en todo momento ás indicacións que fagan os axentes da Policía Local”.
Dacordo coa normativa, tamén sinala o bando que “os productos pirotécnicos para a venda deberán cumprir as seguintes normas: