Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O grupo musical Café Quijano ofrece un concerto en Lugo para presentar o seu último traballo Orígenes: El Bolero


# Xoves, 27/02/2014
Terá lugar o domingo 9 de marzo ás 20.00 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire

Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, acompañada polos membros do grupo musical Café Quijano, presentaron o concerto que este grupo leonés vai a celebrar na cidade de Lugo.

Carmen Basadre destocou que “é unha honra recibir en Lugo a un grupo como os Quijano que a través da súa música acompañáronnos a moitos de nós ao longo de diferentes etapas da nosa vida”.

A cita cos irmáns Quijano será o domingo 9 de marzo ás 20.00 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire no que presentarán o seu novo traballo Orígenes: El Bolero volumen 2 e que as poucas semanas do seu lanzamento xa era disco de platino e situouse como número 1 en ventas en iTunes. Este concerto en Lugo están enmarcado dentro da xira de promoción deste último traballo que os levan a dar máis de 50 concertos por diferentes puntos da xeografía española. Durante o concerto van a interpretar un repertorio de boleros totalmente inédito e con todas as cancións orixinais e compostas por Manuel Quijano.

As entradas están a venda na web de Novagalicia Banco ou no 902 43 44 43, e o mesmo día do concerto tamén se venderán na taquilla do Auditorio.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova