Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo recibiu a visita da Presidenta Nacional da Asociación Española Contra o Cáncer


# Venres, 28/02/2014


Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, recibiron esta mañá á Presidenta da Asociación Española de loita Contra o Cáncer (AECC), Isabel Oriol Díaz, e a Presidenta de Asociación en Lugo, Mª Concepción de Martín Varela.

López Orozco destacou “a gran labor que realiza esta asociación” ademais “dos grandes avances que se fixeron en materia de prevención e sensibilización desta enfermidade”. Tamén as animou “a seguir traballando como o están facendo no ámbito de investigación”.

A AECC é unha organización sen ánimo de lucro con máis de 60 anos de antigüidade que integra a pacientes, familiares, voluntarios e profesionais para loitar contra o cancro. Realiza labores de prevención, sensibilización e acompañamento ás persoas afectadas a través das súas sedes, que posúe en máis de 2.000 localidades españolas.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova