Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo convoca prazas das escolas infantís municipais para o curso 2014/2015 ao "consideralo un servizo social básico"


# Venres, 28/02/2014
Das máis de 230 prazas de garderías das que dispón o Concello de Lugo, 142 serán de nova adxudicación e que terán o prazo aberto para inscribirse dende o mércores 5 de marzo

Imaxe Asociada
A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, anunciou que o Concello decidiu apostar por prestar o servizo das escolas infantis ao entender que son un servicio social básico para a conciliación da vida familiar e laboral ademais de que cumple unha función social que permite ás familias con menos ingresos poder acceder a unha praza de infantil cun coste reducido.

“A Lei de Reforma local elimina competencias aos concellos en materia de educación pero entendemos, e así o fai a Xunta tamén, que as garderías son un servizo social” manifestou a responsable da área de Educación.

Esther Muñóz explicou que “para o novo curso hai 142 prazas para novas adxudicacións e que supoñen máis da metade das prazas totais que temos no Concello de Lugo”. Ademais de que informou que “agardamos que saia publicado o luns 3 de marzo polo que o prazo de solicitudes abrirase o mércores 5 e remata en 20 días naturais, é dicir, o 27 de marzo”. Neste sentido, tamén manifestou que

Así, na escola de Serra de Outes ofértanse 37 prazas de novo acceso, outras 21 están reservadas para nenas e nenos xa matriculados no presente curso 2013/2014, e 3 prazas para emerxencia social.
 
En canto á escola Gregorio Sanz ten 37 prazas de novo acceso, 21 prazas reservadas para alumnas e alumnos xa matriculados, e 3 prazas quedan reservadas para emerxencia social.

No caso da escola Luis Souto Menor (San Fiz) o número de prazas de novo acceso son 37, o de reservadas para alumnas e alumnos xa matriculados son 21 prazas, e 3 quedan reservadas para emerxencia social.

Na escola infantil da Piringalla, ofértanse 31 de novo acceso, 21 prazas reservadas para alumnas e alumnos xa matriculados, e 3 quedan reservadas para emerxencia social.

Para solicitar praza por primeira vez será necesario cumplimentar os impresos e acompañalos da documentación solicitada para entregar no Rexistro do Concello.
Poderán informarse deste proceso nas propias escolas infantís, no portal web do Concello www.lugo.es  ou chamando ao número de atención ao cidadán 010.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova