O dia 5 de marzo terán lugar as 3º Xornadas de Minibasket organizadas pola Asociación Xuvenil Sagrado Corazón
# Venres, 28/02/2014
Este domingo día 2 de marzo tamén se celebrará en Lugo a carreira de campo a través, Galicia Cross Country 2014
A Concelleria de Deportes, colabora coa Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, e a Federación Galega de Baloncesto, na organización da 3º Xornada Minibasket dirixidas a xogadores nados entre os anos 2002 e 2006. Estas terán lugar no Pabellón Municipal de Frigsa o mércores 5 de marzo en horario de 11:30 a 19:00.
Durante as mesmas desenvolveranse entrenamentos de técnica e táctica individual, ademais de concurso e competicións. Tamén haberá sorteos de regalos e contarán coa visita de Javier Muñóz, entrenador do Ensino e coas súas xogadoras. As inscripcións poderanse facer a través do mail ajsc_lugo

hotmail.com e do teléfono 669.54.40.57.
Galicia Cross Country
A Concellería de Deportes tamén informa que este domingo día 2 de marzo terá lugar a Galicia Cross Country 2014, un circuito popular galego de campo a través.
A proba desenvolverase no entorno do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo a partir das 11.30 horas, no que competirán atletas de 8 categorias diferentes masculinas e femininas. Para máis información a web oficial é
www.championchipnorte.com
Compartir: