Cargando....
Concello de Lugo
11/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo cumpriu escrupulosamente a lei na adxudicación da xestión dos museos municipais


# Venres, 28/02/2014
A adxudicación fíxose con criterios estritamente obxectivos á empresa que presentou a oferta económica máis barata, que lle supuxo ó Concello un aforro de 3.512 euros 

A Lei de Contratos impide excluir dunha licitación a empresas se os seus representantes ou administradores non están condeados mediante sentenza firme


O Concello de Lugo cumpriu absolutamente coa legalidade na adxudicación da xestión dos museos municipais. O Concello contratou o servizo de atención ó público dos museos á empresa que ofreceu prestar ese servizo co menor custe para as arcas municipais. O Concello cumpriu o que manda a lei ó non excluir a firma que resultou adxudicataria da licitación. 

A xestión deste servizo foille adxudicado á empresa SERMASA por ser esta mercantil a que fixo a proposta económica máis barata e polo tanto a que resulta menos gravosa para as arcas municipais.

O Concello de Lugo tería vulnerado a Lei de Contratos se tivera excluído a esta empresa da licitación polo feito de que algúns dos seus directivos estean imputados ou detidos. 

A Lei de Contratos impide excluir dunha licitación a empresas porque os seus representantes ou administradores estean imputados ou detidos. Tan só se podería producir legalmente esa exclusión no caso de que foran condeados mediante sentenza firme por delictos de asociación ilícita, corrupción en transaccións económicas internacionais, trafico de influencias, cohecho, fraudes e exaccións ilegais...

En consecuencia, o Concello de Lugo non podía ter excluído da licitación para a prestación do servizo de xestión dos museos municipais á empresa SERMASA, xa que esta firma tiña dereito a optar á adxudicación, nesta e en calquera outra administración, posto que reunía todos os requisitos necesarios para poder contratar con calquera administración.

Oferta 3.512 euros máis barata

Tocante ó procedemento de licitación, o único criterio de adxudicación establecido no prego de cláusulas foi un criterio matemático e o máis obxectivo e transparente posible, como é a baixa no prezo, que non deixa marxe para ningunha eventual interpretación subxectiva que sí podería producirse na valoración de propostas técnicas. Elo non quere dicir que non existan condicións técnicas que cumprir polas empresas. Ó contrario, é o Concello o que as establece e non as empresas.

Á vista dos prezos ofertados, a gañadora foi a empresa SERMASA porque foi a que presentou unha proposta con prezo máis baixo. A súa oferta suponlle ó Concello un aforro de 3.512 euros respecto da que presentou a outra aspirante. Esta cantidade que aforra o Concello é o resultado da multiplicación do número de horas contratadas polos 23 céntimos de diferencia existentes no custe de cada unha das ofertas por cada hora de traballo. En todo caso, o importe do aforro resulta indiferente xa que a Lei obriga a adxudicar á mellor oferta sexa cal sexa a diferencia, mesmo se esta fora de só un céntimo.

Suba só do IPC 

O Concello de Lugo tamén quere clarexar que non é certo que exista unha prórroga do contrato por un importe de 217.000 euros. A prórroga do contrato por un ano será a do prezo de adxudicación incrementado co IPC. O dato de 217.529,75 euros é o valor estimado do contrato, que é un concepto legal que corresponde ó prezo de licitación (non de adxudicación) do contrato incluído as posibles prórrogas e excluído o IVE e que é obrigatorio indicar nos pregos.

O prezo do contrato asinado o 23 de xullo de 2013 é de 123.508,26 euros. É inferior ó ó anterior, que foi de 150.333,63 euros, porque o Concello contratou menos horas xa que estaban pechados temporalmente o museo de San Roque e o de Porta Miñá.

Títulos obrigados polo Convenio Colectivo

Tocante ó persoal, a administración nin pode nin debe participar nos procesos selectivos do persoal das empresas. Esto é unha cuestión que corresponde exclusivamente ás empresas. 

As empresas non teñen obriga de realizar exames ó seu persoal. Sí están obrigadas as empresas a prestar actividades que lles esixe o prego de condicións, no que se detallan todas as funcións que debe realizara o persoal coa calidade debida. No caso contrario, está previsto un réxime de infraccións e sancións por incumprimento contractual. 

O Concello sí esixiu no prego un número de persoas para desenvolver as tarefas de organización, dirección, desenvolvemento e coordinación de actividades pertencente ó grupo II do Convenio Colectivo de Eventos, servizos e producións culturais, así como un número de persoas para tarefas de recepción, atención telefónica e atención ó público pertencente ó grupo III do devandito Convenio. 

O convenio especifíca os requisitos que deben cumprir estes profesionais así como as súas funcións. 

Polo tanto, non é o Concello o que decide os títulos, senón o Convenio Colectivo do sector.

A empresa ten, ademais, a obriga de subrogar ó persoar que xa está a traballar nos museos, polo que non haberá persoal novo. 

Cultura decidiu o calendario e funcións

Tocante ó labor desenvolvido pola Xefa do Servizo de Cultura na elaboración deste prego este consistiu únicamente na elaboración, o día 1 de abril de 2013, do informe-proposta do departamento para a contratación da prestación do servizo de atención ó público do Centro de Interpretación da Muralla, Museo Interactivo da Historia e Casa dos Mosaicos. Neste informe non se valora o custe do servizo senón que se detallan as funcións a realizar, os días e as horas de apertura, é dicir as prescripcións técnicas.

A valoración económica da prestación do servizo, como xa se dixo, faise tendo en conta o Convenio Colectivo do sector de eventos, servizos e produccións culturais e o departamento encargado de facer esta avaliación é o de Planificación.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova