Cargando....
Concello de Lugo
12/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Noventa e catro empresas rivalizan por dous proxectos municipais, a reforma do Mercado e a rehabilitación da Calella do Hospital


# Venres, 28/02/2014
Son dous proxectos que levará a cabo o Concello con financiamento do Plan Urban

 A Mesa de Contratación do Concello de Lugo reuniuse hoxe para abrir as ofertas económicas presentadas polas 94 empresas que aspiran a realizar os proxectos de reforma do Mercado municipal de Quiroga Ballesteros e de rehabilitación do espazo urbano situado na Calella do Hospital e o Carril do Son. 

No caso da obra no Mercado municipal, comprobouse que as 46 empresas aspirantes subsanaron os erros detectados na documentación administrativa mentres que no caso da obra na Calella do Hospital son 48 as empresas admitidas xa que unha das que presentara oferta inicialmente quedou excluída por non subsanar os erros como lle fora requerido. 

Nos dous proxectos, varias das propostas económicas presentadas incorren en baixa temeraria polo que se lles dará traslado para que presenten a correspondente xustificación dos prezos que ofreceron. 

As dúas obras serán realizadas dentro do Plan Urban, que cofinancia ó 80% a Unión Europea, xunto co Concello e a Deputación provincial. 



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova