Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo declara a súa satisfacción polo arquivo da terceira investigación xudicial na que estaba imputado


# Xoves, 27/02/2014
O Xulgado de instrucción nº 1 vén de arquivar as dilixencias polo reparto de produtividade denunciado pola asociación Alpul

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
 O Alcalde explica que esta é a crónica dunha desimputación anunciada e salienta que non garda ningún rencor

López Orozco pregúntase qué tería pasado se deixara a Alcaldía cando foi imputado nos tres casos agora arquivados pola Xustiza 

O Alcalde, José López Orozco, expresou hoxe a súa satisfacción pola decisión do Xulgado de instrucción número 1 de Lugo de arquivar as dilixencias abertas para investigar o reparto do complemento de produtividade a funcionarios municipais en relación co Plan Xeral de Ordenación Municipal.

“Hoxe para min é un día de moita satisfacción, aínda que, como saben, no seu día cando lles anunciei esta imputación eu sabía que esto ía suceder porque, como saben, penso que “non as fagas non as temas”, salientou o Alcalde e destacou que “eu tiña esa fortaleza moral interior que dá o saber como actúa un e agora a Xustiza veu darme deu a razón”.

López Orozco manifestou que “non sinto ningún tipo de rencor, absolutamente ningún” aínda que recoñeceu que “non é prato de gusto, cando un levaba once anos gobernando sen sobresalto, pero pasou o que pasou e agora a Xustiza dime e espero que mo seguirá dicindo que non había ningunha razón para esa imputación nin para ningunha outra”.

O Alcalde declarou que o seu propósito é “seguir traballando como ata o de agora, seguir esforzándome para conquerir o mellor para esta cidade e para os cidadáns de Lugo”.

“O mundo continúa”, salientou o Alcalde que tamén reflexionou sobre o feito de que “algúns políticos e outros que non o son con qué facilidade dín que os imputados teñen que deixar o cargo”. Neste sentido lembrou que ésta é a terceira “desimputación que teño ó meu favor” e preguntouse “qué tería pasado se á primeira vez hobera dimitido, ou a seguna, ou a terceira…”

Para o Alcalde de Lugo ó importante é “deixar que a Xustiza actúe, que faga o seu papel, porque cando sexa unha cousa de Xustiza será ela quen dea ou quite razóns e cando se trate de Política, será esta quen o faga”.

Tamén dixo o Alcalde que “os tempos da Xustiza son os que son, pero espero que pronto poida dicirlles, como agora, noutros casos que se trata da crónica dunha desimputación anunciada porque son inocente e nada do que se ten dito sobre mín é certo”. 

As dilixencias que vén de arquivar o Xulgado de instrucción número 1, nun auto asinado pola xuiza de reforzo, Hortensia Bouso, abríranse como consecuencia dunha denuncia que presentou a asociación Alpul, segundo a cal o Alcalde de Lugo podería ter cometido un delicto de prevaricación na distribución de pluses de produtividade a tres funcionarios relacionados coa elaboración do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Tamén noutros dous casos anteriores nos que fora investigado José López Orozco quedou libre de toda responsabilidade. Concretamente, cando lle fixo fronte ás falsas acusacións que verqueu contra o Alcalde, no caso Campión, Jorge Dorribo, e cando a asociación Alpul o acusou de inxurias por ter dito a expresión “escupir para arriba”. 

Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova