Cargando....
Concello de Lugo
23/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Comeza o Entroido 2014 co pregón de Paco Nieto


# Venres, 28/02/2014
O Alcalde presidiu o acto celebrado esta tarde na Casa do Concello

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, Carmen Basadre, asistiron esta tarde á lectura do pregón da festa do Entroido, que pronunciou o xornalista lucense Paco Nieto.
 
O acto, que dá comezo ó programa de festas do Entroido 2014, celebrouse esta tarde na Casa do Concello.
 

O programa das festas, organizadas pola Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, experimentou un cambio  debido ás condicións meteorolóxicas que se prognostican para mañá. Por este motivo, aplázouse ata o martes, 4 de marzo, ás 16.30 horas, o desfile concurso infantil de Entroido.

 
Programa da festa para a fin de semana:
 

SÁBADO,  1 DE MARZO
 

10.00 Horas.- No soto da Praza de Abastos Feira de Produtos Típicos do Entroido amenizada polo grupo de música tradicional Reviravolta.
 
12.00 Horas.- Comezo de Peque Entroido… e para comer Lugo, un curso de cociña para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos impartido pola Asociación Provincial de hostelaría de Lugo. Aqueles menores que queiran participar deberán inscribirse no teléfono 010 a partir do 26 de febreiro. O curso desenvolverase no Mercado Municipal de Quiroga Ballesteros. (NOVIDADE)

12.00 Horas.- Na Praza Maior e rúas próximas Entroido escénico na que o grupo Palimoquiños representarán Zombi…e ti de quen vés sendo? (NOVIDADE).

12.30  horas.- Taller de maquillaxe para nenos e nenas con temática de ciencia ficción nos soportais da Casa do Concello. (NOVIDADE)
 
19.30 Horas.- Na Praza da Soidade Entroido escénico con In Bocca al lupo Thriller Swing (NOVIDADE).

19.30 Horas.- Actuación da charanga Viño Tinto no barrio da Ponte.
 
20.00 Horas.- Comezo do taller audiovisual para persoas maiores de 14 anos que queiran participar e que se realizará no salón de actos do Centro de Convivencia Uxio Novoneyra. Terá unha parte práctica que consistirá na gravación das persoas que participen activamente no Entroido lucense e dos pallasos-zombies. As prazas son limitadas e para inscribirse haberá que chamar ao 010 a partir do 17 de febreiro. (NOVIDADE)

20.30 Horas.- Concerto de bandas sonoras de películas de ciencia ficción e de terror coa animación de Piratas do Caribe, na Praza Maior.

22.30 Horas.- Actuación no recinto histórico da charanga Os Amigos de Manolo.

23.00 Horas.- Polas rúas da cidade, Walking Clown Dead, pallasos-zombie con música e interacción co público.
 

DOMINGO,  2 DE MARZO

12.30  horas.- Taller de maquillaxe para nenos e nenas con temática de ciencia ficción nos soportais da Casa do Concello. (NOVIDADE)

19.30 Horas.- Actuación pola Ronda das Fontiñas, Montirón e San Fiz da charanga Os Trompos das Nicras e a charanga-murga Os virtuosos do tinto polo recinto histórico.
 
19.30 Horas.- Comezo do taller audiovisual para persoas maiores de 14 anos que queiran participar e que se realizará no salón de actos do Centro de Convivencia Uxio Novoneyra. Terá unha parte práctica que consistirá na gravación das persoas que participen activamente no Entroido lucense e dos pallasos-zombies. As prazas son limitadas e para inscribirse haberá que chamar ao 010 a partir do 17 de febreiro. (NOVIDADE)

20.00 Horas.- Entroido escénico con Nova Escena na Praza Maior que interpretarán O discurso da raíña Sofría.
 
20.30 Horas.- Entroido escénico con Achádego Teatro na praza do Campo e o Orfeon Lucense interpretando a peza …uns pican e outros non.

Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova