Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concellería de Cultura recibe 59 inscricións para tomar parte nos concursos de disfraces de adultos e infantil que se celebrarán este martes de Entroido


# Luns, 03/03/2014
Os concursos terán lugar nunha carpa que se vai instalar diante da Casa do Concello xa que hai previsión de chuvia para mañá

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, que dirixe Carmen Basadre, comunica que, ante a previsión de chuvia para mañá, haberá algunhas modificacións no programara de actos de Entroido.

A Concellería instalará unha carpa diante da Casa do Concello para protexer das inclemencias meteorolóxicas ós participantes nos dous concursos de disfraces que se van celebrar durante a tarde do martes de Entroido.

O primeiro dos concursos será o infantil, que se desenvolverá a partir das 16.30 e que foi adiado a mañá debido ó mal tempo reinante o pasado sábado. Posteriormente, a partir das 17.00 horas celebrarase o concurso de disfraces de adultos.

Segundo comunica a Concellería, no concurso infantil hai un total de 22 inscricións: 9 inscritos son na categoría individual; outros 5 na de parellas e 8 na de comparsas. E no concurso de adultos hai 37 inscricións: 10 na individual, 11 en parellas e 16 en comparsas.

Premios do concurso infantil

En cada unha das categorías haberá un premio especial para os disfraces de elaboración propia e con materiais reciclados: papel, cartón, cartolina, cortizas, follas de árbores, plásticos, bricks…A obtención deste premio será compatible con algún dos outros tres.

Os premios serán os seguintes:

Na categoría individual, o primeiro premio será un vale por lote de libros de 50 euros, o segundo consistirá nun vale por lote de libros de 40 euros e o terceiro, un vale por lote de libros de 30 euros. O premio especial ó disfrace reciclado consistirá nun vale por lote de libros de 50 euros.

Na categoría de parellas, o primeiro premio será un vale por lote de libros de 75 euros, o segundo consistirá nun vale por lote de libros de 60 euros e o terceiro, un vale por lote de libros de 50 euros. O premio especial ó disfrace reciclado consistirá nun vale por lote de libros de 75 euros.

E na de comparsas, o primeiro premio será un vale por lote de libros de 150 euros, o segundo consistirá nun vale por lote de libros de 120 euros e o terceiro, un vale por lote de libros de 100 euros. O premio especial ó disfrace reciclado consistirá nun vale por lote de libros de 150 euros.

Tamén se concederá un premio especial ó mellor disfrace individual, de parella ou comparsa de ciencia ficción ou terror que consistirá nun vale-regalo desa temática valorado en 75 euros.

Premios do concurso de adultos

Na modalidade de adultos, os premios do concurso de disfraces son os seguintes:

O primeiro premio da categoría individual será de 400 euros, o segundo premio consistirá en 300 euros, o terceiro premio ascenderá a 200 euros e tamén haberá tres premios de 50 euros cada un.

Por parellas, o primeiro premio consistirá en 500 euros, o segundo será de 400 euros, o terceiro estará dotado con 300 euros e concederanse tamén cinco premios de 100 euros cada un.

E na categoría de comparsas, os gañadores do primeiro premio recibirán 1.000 euros, os do segundo terán un premio de 800 euros, os terceiro premio consistirá en 600 euros e tamén se concederán sete premios de 200 euros e outros tres de 100 euros a criterio do xurado, a charangas de colectivos de persoas con minusvalías. Haberá asimesmo un premio especial ó mellor disfrace individual, de parella ou comparsa de ciencia ficción ou terror consistente nun vale-regalo desa temática valorado en 75 euros.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova