Cargando....
Concello de Lugo
11/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo pon a disposición dos veciños a información urbanística a través da web municipal www.lugo.es


# Xoves, 06/03/2014
Entra en servizo o programa Urbanismo en Red, deseñado pola empresa pública Red.es, que permitirá consultar información sobre planeamento urbanístico sen sair da casa

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
Luis Álvarez e Francisco Javier García Vieira presentaron esta ferramenta que supón unha nova aposta pola transparencia do Concello de Lugo


O Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, e o director de Servizos Públicos de Red.es, Francisco Javier García Vieira, informaron hoxe da entrada en servizo de Urbanismo en Red, unha nova ferramenta que ofrece o Concello de Lugo ós cidadáns para que poidan consultar información sobre o planeamento urbanístico do termo municipal sen sair da casa.

O Concello ofrece desde hoxe a información urbanística sistematizada a través da web municipal www.lugo.es. Este proxecto puidose levar a cabo grazas á adhesión do concello ó programa Urbanismo en red, posto en marcha plo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, a través da entidade públcia empresarial Red.es, e polo Ministerio de Fomento. Red.es aportou o 70% do investimento, financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), e o 30% restante achegouno o Concello.

Con este desenvolvemento, os veciños poderán acceder ós datos de planeamento que precisen mediante dúas vías. Poderán facelo cun clic directamente sobre o mapa na zona que desexen, ou ben, introducindo referencias concretas ó planeamento que lles interese, como a dirección postal, a referencia catastral ou o nome da zona que se vaia consultar.

Luis Álvarez destacou que “o Concello é consciente da grande importancia que ten o Urbanismo para a cidadanía e, tamén, mantemos o compromiso de dar a máxima transparencia a nosa xestión polo que formamos parte do grupo de cidades que apostou por participar no programa Urbanismo en red”.

O Concelleiro de Urbanismo chamou a atención, ademais, sobre a importancia da colaboración entre administracións pola que aposta decididamente o Concello de Lugo; neste caso esa colaboración institucional, coa Entidade pública empresarial “Red.es”, adscrita ó Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, “permite ós cidadáns dispor desta ferramenta, que entra en servizo hoxe, a través da cal calquera persoa interesada ten acceso, sen sair da súa casa, dun xeito sinxelo e áxil, á información urbanística de calquera ámbito do termo municipal de Lugo”.

A información á que se pode acceder mediante este instrumento inclúe tanto os documentos orixinais cos que se traballou como o resultado final do proceso de sistematización levado a cabo coa referida documentación.
A esta información pódese acceder tanto dende a simple aproximación a través de la imaxe que se ofrece do territorio, como da dirección oua referencia catastral. Permítense consultas para ámbitos concretos, xerando as que se denominan “fichas urbanísticas”, nas que figuran, a efectos informativos, as determinacións de todos os instrumentos de planeamento vixentes.

A Concellería de Urbanismo e Medio Ambiente tamén habilitou na páxina de Urbanismo en Red un buzón de correo para ofrecer un canal de comunicación no que os usuarios poderán aportar suxestións, plantexar dúbidas ou dar aviso de calquera erro ou incidencia que puidese aparecer no manexo do programa, habida conta de que esta ferramenta está en período de proba e sabedores do gran número de determinacións urbanísticas que se aplican sobre a extraordinaria dimensión do termo municipal.

Os traballos que fixeron posible esta presentación do planeamento urbanístico consistiron na súa vectorización e sistematización, a posta en marcha do equipamento e as aplicacións informáticas que dan soporte á explotación e visualización da información; así como o mantemento posterior do sistema.

“Este proxecto supón unha aposta por dar un paso máis na administración electrónica e a transparencia informativa e avanzar na oferta dos servizos públicos dixitais, obxectivos compartidos coa estratexia da Axenda Dixital para España posta en marcha polo Ministerio”, sinalou o director de Servizos Públicos Dixitais de Red.es. Urbanismo en Red nace co obxectivo de implantar novas ferramentas informáticas e consolidar nas entidades locais o planeamento urbanístico sistematizado, de xeito que poida ser consultado pola cidadanía e as empresas de forma inmediata e persoalizada.

Ademais, García Vieira, tamén detallou que os traballos que fixeron posibles esta presentación do planeamento urbanístico “consistiron na súa vectorización e sistematización, a posta en marcha do equipamento e as aplicacións informáticas que dan soporte á explotación e visualización da información; así como o mantemento posterior do sistema”.

O planeamento integrarase, de xeito telemático, periódico e estandarizado, no Sistema de Información Urbana (SIU) do Ministerio de Fomento. O SIU é unha ferramenta dixital en forma de portal web libre e gratuíto, concebida fundamentalmente para incorporar transparencia no mercado inmobiliario.

Sobre o programa Urbanismo en Red

O programa Urbanismo en Red (www.urbanismoenred.es) naceu en 2007, promovido polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, a través de Red.es, xunto coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). Dada a complexidade inherente ó lanzamento do Programa, acometeuse unha fase previa de análise, definición, normalización urbanística e posta en valor e verificación en varios proxectos piloto con Entidades locais. O éxito desta etapa conduciu a acometer a extensión do Programa ó maior número posible de Entidades locais, baixo un Convenio Marco de colaboración entre o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, a través de Red.es e o daquela Ministerio de Vivenda, asinado en 2009.

Urbanismo en Red (2009-2014) está cofinanciado co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e contempla un investimento máximo de 57 millóns de euros. Ademais, Urbanismo en Red servirá como palanca para a incorporación de empresas do sector urbanístico (arquitectos, promotoras, construtoras..) á Sociedade da Información.

Sobre Urbanismo en Red en Lugo

O Concello de Lugo participa na 1ª convocatoria pública do Programa Urbanismo en Red, adheríndose mediante protocolo de adhesión en marzo de 2010 e prorrogando o mesmo en decembro de 2012. A adhesión prorrogada, con vixencia 31 de decembro de 2014, establece un percorrido presupostario de 204.200 euros.

As actuacións executadas ata a data ascenden a 189.500 euros e son:

-Subministro e instalación de 4 servidores para a implantación da solución software desenvolvida no marco do Programa (Consola e Visor) e para a carga da sistematización do planeamento urbanístico.

-Implantación da solución software (Consola e Visor) e migración á nova versión (V2) das ferramentas, versión que consolida melloras de rendemento e usabilidade.

-Sistematización do Plan Xeral de Ordenación Urbana e de 247 figuras de desenvolvemento (37 modificacións puntuais, 175 estudos de detalle, 10 plans parciais e 25 plans especiais). No período de adhesión aprobouse definitivamente nun 95% un novo Plan Xeral de Ordenación Municipal, novo Plan que se sistematiza para a súa inclusión no Rexistro de Planeamento Municipal e publicacion no visor urbanístico.

-Capacitación orientada a usuarios das ferramentas (técnicos urbanistas municipais) e a adminsitradores (responsables de sistemas de información da Entidade local).

-Xestión e seguemento

Sobre FEDER

Este proxecto lévase a cabo grazas á cofinanciación da Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), o que permite contribuir a mellorar a cohesión social das comunidades españolas mediante a corrección dos principais desquilibrios rexionais. Neste sentido, as actuacións levadas a cabo por Red.es céntranse en fomentar o desenvolvemento do entorno produtivo, o desenvolvemento tecnolóxico e da sociedade da información. Red.es é Organismo Intermedio nos Programas Operativos: Programa Operativo de Economía basada no Coñecemento (POEC), Fondo Tecnolóxico e distintos Programas Operativos Rexionais.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova