Cargando....
Concello de Lugo
12/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O coñecido actor Gabino Diego presenta en Lugo o seu monólogo Una noche con Gabino (Diez años después) o xoves 13 de marzo


# Xoves, 06/03/2014
O espectáculo comezará ás 20.30 horas e as entradas xa están a venda na web entradas.lugo.es

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, anunciou a presentación en Lugo do monólogo en tono de humor Una noche con Gabino (diez años después) protagonizado polo recoñecido actor Gabino Diego.

O espectáculo terá lugar o xoves 13 de marzo ás 20:30 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire e as entradas xa están a venda a través do servidor entradas.lugo.es e que terán que recoller no Centro de Interpretación da Muralla en horario de luns a domingo de 11.00 a 13.30 e de 16.00 a 17.30 horas. O prezo das entradas será de 8 e 10 euros, e terán un desconto de 2 euros os desempregados, menores de 30 anos e xubilados.

Con este traballo, Gabino Diego, retorna cunha velada teatral na que nos mergulla nun divertido percorrido por fábúlas urbanas: personaxes, situacións, imitacións e cancións cos que nos convida a asomarnos á creación mesma do propio espectáculo.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova