Cargando....
Concello de Lugo
15/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo presenta numerosas actividades ao longo do mes de marzo para conmemorar o Dia Internacional da Muller


# Xoves, 06/03/2014
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade sinalou que “unha vez máis este día adicamolo a seguir loitando para que non nos eliminen os nosos dereitos”

Imaxe Asociada
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, presentou esta mañá o programa de actos previstos para a celebración do Día Internacional das Mulleres o próximo sábado 8 de marzo pero “haberá diferentes actos durante o mes de marzo porque pensamos que o dia da muller ten que ser todos e non só un día ao ano” segundo Abelleira.

Ana González lembrou que “este ano queremos adicar este día a todas as mulleres que loitan en todos os ámbitos para seguir adiante na vida” ademais tamén “reclamamos que se manteñan os nosos dereitos xa que cada vez o papel da muller estase recortando”. Neste sentido avanzou que o día 7 de marzo se celebra a entrega de premios “Entre Mulleres”, a Josefa Expósito, Isabel Carril e Miriam Vázquez, por representar a todas as mulleres emprendedoras e loitadoras.

A responsable da área de Igualdade, tamén anunciou a celebración da XI Marcha pola Igualdade que se celebrará o sábado 8 de marzo e ese mesmo día terá lugar o concerto da artista La Mala Rodriguez, a partir das 21.00 horas no Auditorio Gustavo Freire. As entradas que teñen un prezo de 3 euros están a venda en entradas.lugo.es .

O domingo 9 de marzo a Escola de Música e a Banda Municipal ofrecerán un concerto para conmemorar o 37º aniversario da declaración do Día Internacional das Mulleres polas Nacións Unidas.

Ciclo Roles de xénero e lei do aborto

Esta iniciativa aposta por reivindicar e visibilizar o traballo creativo das mulleres no ámbito da industria cinematográfica española, dada a súa escasa presenza nos postos de responsabilidade, apenas un 8% das películas producidas están dirixidas por mulleres. A mostra inclúe unha excelente oportunidade para asomarse á obra dalgunhas das nosas mellores cineastas e serán proxectadas no Museo Interactivo da Historia de Lugo nos seguintes días:

Dentro do ciclo Desestruturando os roles de xénero poderanse ver as seguintes películas:

10 de marzo, 19.30 h.: Yentl, de Bárbara Streisand, no CC Uxio Novoneyra
11 de marzo, 19.30 h.: Ágora de Alejandro Amenabar, no CC Maria Balteira
15 de marzo, 19.00 h.: Ágora de Alejandro Amenabar, no MIHL
17 de marzo, 19.30 h.: Princesas de Fernando León de Aranoa, no CC Fingoi
18 de marzo, 19.30 h.: O sorriso de Mona Lisa, de Mike Newell, no CC Uxio Novoneyra
19 de marzo, 19.30 h.: Iron Jawed Angels, de Katja von Garnier, no CC Maria Balteira
22 de marzo, 19.00 h.: Princesas de Fernando León de Aranoa, no MIHL
24 de marzo, 19.30 h.: Auga, de Deepa Mehta, no CC Maria Balteira
25 de marzo,19.30 h.: Binta e a gran idea (documental), de Javier Fesser, e Clara Campoamor. La mujer olvidada,  de Laura Mañá, no CC Uxio Novoneyra
29 de marzo,19.00 h.: O sorriso de Mona Lisa, de Mike Newell, no MIHL

Ao mesmo tempo, tamén se levará a cabo un ciclo de cine sobre o dereito ao aborto cos seguintes actos:

12 de marzo, 19.30 h.: El secreto de Vera Drake de Mike Leigh, no CC Fingoi
20 de marzo, 19.30 h.: Mesa redonda sobre a nova lei do aborto coa xinecóloga Maria Jesús Méndez e a Belén Regueiro. A continuación, proxección da película 4 meses, 3 semanas e 2 días de Cristian Mungíu.
26 de marzo, 19.30 h.: El crimen del Padre Amaro de Carlos Carrera, no CC Fingoi

Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova