Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Os premios Entre Mulleres do Concello de Lugo adicanse este ano a tres exemplos de loita feminina, emprendemento e superación


# Venres, 07/03/2014
Para López Orozco, Josefa Expósito, Isabel Carril e Miriam Vázques representan o pasado, presente e futuro da sociedade lucense

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, presidiron o acto de entrega dos premios Entre Mulleres co que o Concello de Lugo conmemora o Dia Internacional da Muller, e que se adicou a tres mulleres que son exemplo pola súa loita e por ser emprendedoras.

Na súa intervención López Orozco, felicitou as mulleres galardonadas das que dixo “sodes un exemplo para a cidadanía lucense e non podemos estar máis orgullosos da forza e do carácter emprendedor que tedes e que simboliza o papel fundamental das mulleres”.

Pola súa parte, Ana González Abelleira, explicou que “hoxe máis que nunca, debemos reivindicar todos os dereitos das mulleres e da cidadania en xeral porque a sociedade non pode renunciar a todo o que a muller achegou, achega e achegará na defensa do benestar social e do emprego, na loita pola igualdade de oportunidades e a non-discriminación entre homes e mulleres”. Ao acto tamén asistiu o Subdelegado do Goberno, Ramón Carballo, a Diputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, e membros do Corporación Municipal.

Nesta edición os galardóns foron para Josefa Expósito, da Confitería Ramón, Maria Isabel Carril, e Miriam Vázquez, todas elas mulleres emprendedoras e loitadoras que deben servir de exemplo para o resto da cidadanía.

Josefa Expósito nace no ano 1924 no seo dunha familia que rexenta unha das confiterías con máis tradición da cidade, a Confitería Ramón. Con 13 anos comeza a traballar na pastelería un 8 de marzo de 1938, e foise formando de maneira autodidacta grazas aos libros que ían caendo nas súas mans e, un pouco máis maior acudiu a unha academia de cociña en León. No ano 1943 falece o seu pai Ramón, quedando a confiteria ao cargo de ela e da súa irmá Isabel que se encargaba da atención aos clientes, facían un tandem perfecto. Ao longo deste anos, en épocas difíciles, traballan duro para sacar a diante o negocio familiar que pasará a mans do seu fillo cando ela se xubila en 1990. Pero aínda dende a súa xubilación, Pepita da Ramón, sigue acudiendo en épocas especiais a comprobar que se está facendo o traballo correctamente. O seu é un recoñecemento a toda unha vida loitando en traballando.

María Isabel Carril Quiroga, nace no ano 1985, é titulada superior gráfica publicitaria e titulada superior fotográfica artística ademais de que traballou en diversas empresas de artes gráficas da cidade. Pero no ano 2011 decide emprender un novo camiño e centrarse no que realmente lle gusta, o ganchillo e as manualidades, converténdose nunha emprendedora coa creación da tenda online www.lahabitaciondeatras.com  e inaugurando unha tenda física situada na Praza de Abastos en decembro de 2012. Trátase dunha tenda-taller na que se pode encontrar todo aquel material que é complicado atopar na cidade en materia de ganchillo, onde ademais os clientes poden aprender novas técnicas ou solicitar axuda para solventar dúbidas. O seu recoñecemento é pola xuventude, o emprendemento, e a recuperación de actividades tradicionais como motor de traballo.

Míriam Vázquez é unha lucense de 20 anos que, a pesar, da súa recén estreada xuventude xa sabe o valor da vida. Dende os 14 anos sufre Sarcoma de Ewing, un cáncer co que leva convivindo dende hai 6 anos e que a fixo pasar por quirófano en catro ocasións ademais dos diferentes tratamentos. Pese a todo, nunca borrou o sorriso da súa cara e só pensa en vivir cada día sendo féliz e contaxiando aos que a rodean do seu optimismo. É fan da orquesta Panorama e ten un blog que se chama http://quedamuchavida.blogspot.com  no que relata a súa experiencia co cáncer.
A pesar da súa situación vital nunca deixou de estudar, de feito foi merecedora do Premio Extraordinario da ESO ao esforzo e superación persoal e agora está realizando o 2º curso de Producción Audiovisual da Fundación TIC. Con este recoñecemento trátase de facer visible a forza desta moza que ten unha auténtica historia de superación e loita.


Acto Quédanos a palabra

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, e a Concelleira de Cultura, Carmen Basadre, tamén participaron esta mañá nun acto cultural organizado pola artista Luz Darriba co nome Manifestamos. Quédanos a palabra, e que estaba incluido no programa de actividades de conmemoración do Dia Internacional da Muller.

Nesta actividade, léronse diferentes textos escritos polas escritoras Hela Villar Janeiro, Marica e Tareixa Campo, Luz Darriba, Llerena Perozo Porteiro e Maria Xosé Porteiro  sobre a figura da muller e a importancia de reivindicar a igualdade de sexo e de oportunidades.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova