Cargando....
Concello de Lugo
23/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo destaca o esforzo realizado polo Concello en materia de emprendemento na presentación do foro universitario Ruta al 2020: tu club de emprendedores


# Venres, 07/03/2014
Esta actividade organizada pola USC e o Grupo Diariocrítico promove aos estudantes a coñecer as posibilidades en materia de autoemprego

Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, participou no foro de emprendemento universitario Emprende 20.20 que se celebrou esta mañá na Facultade de Administración e Dirección de Emprensas do Campus de Lugo.

López Orozco, destacou a importancia de coñecer “todas as posibilidades que nos rodean para poder sair ao mercado laboral” e deu a coñecer os datos de funcionamento do CEI-Nodus. Así, dende o ano 2008 realizáronse un total de 1.413 asesoramentos dos que se crearon 275 novas empresas. En canto ás instalacións do propio centro, foron 53 empresas as que naceron e se desenvolveron nos primeiros anos no mesmo e que dan traballo a máis de 300 persoas. Na actualidade hai 29 empresas que están nas diferentes fases de desenvolvemento nas propias instalacións. Ademais tamén resaltou o éxito empresarial das empresas nacidas no CEI-Nodus que teñen unha porcentaxe de supervivencia do 75%.
 
Este foro de debate, organizado no marco do acto de presentación da iniciativa Ruta ao 2020: o teu club de emprendedores, promovida polo Grupo Diariocrítico, serviu tamén para a presentación do libro ¿Podo montar a miña propia empresa?, que recolle testemuños e experiencias de diferentes emprendedores de éxito. O xornalista Fernando Jáuregui foi quen moderou esta sesión no marco dun acto no que tamén participaron o presidente da Deputación Provincial, José Ramón Gómez Besteiro; o Vicerreitor do Campus de Lugo, Pedro García Herradón, o presidente da Cámara lucense, Luis Abelleira; así como o director do xornal El Progreso, Lois Caeiro, e un representante do Banco Santander.
 
Ao remate desta presentación, a Aula Magna da Facultade de Administración e Dirección de Empresas do campus de Lugo foi tamén escenario dunha táboa redonda sobre emprendemento universitario que se desenvolveu baixo o título Universitarios emprendedores: e ti por que non?. Nesta actividade participaron a coordinadora do Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo, Isabel Villamor; o técnico de xestión da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC, Pablo Fontela; o director xente da empresa AMSlab, Manuel Lolo Aira; o delegado territorial da Escola de Organización Industrial en Galicia, Alfonso Martínez, e un técnico de Asociación de Xoves Empresarios, que achegaron nesta sesión de debate as súas respectivas visións e tamén as súas experiencias respecto do emprendemento universitario.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova