Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo, Braga e Astorga, as tres cidades da Gallaecia fundadas polo emperador César Augusto, celebrarán un encontro no MIHL no mes de maio


# Venres, 07/03/2014
É unha das actividades previas ó Arde Lucus MMXIV que presentou hoxe Carmen Basadre

Imaxe Asociada
O Concello tamén convoca a segunda edición do certame literario en latín Seu Ludus Litterarum


A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, Carmen Basadre, deu a coñecer hoxe dúas destacadas iniciativas que organiza este ano o Concello de Lugo con motivo da celebración do Arde Lucus MMXIV.

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua vai organizar este ano o I Encontro das Cidades Augusteas da Gallaecia, que xuntará na nosa cidade ós representantes das tres capitales dos conventos xurídicos da Gallaecia: Bracara Augusta (Braga), Lucus Augusti (Lugo) e Asturica Augusta (Astorga) e convoca a segunda edición do certame de relatos en latín Seu Ludus Litterarum.

A principal novidade deste programa de actos previo ó Arde Lucus MMXIV vai ser a celebración en Lugo do I Encontro de Cidades Augusteas da Gallaecia. A organización do encontro, que terá lugar no MIHL do 2 ó 4 de maio, é froito dun acordo ó que chegaron Lugo, Braga e Astorga, as tres cidades fundadas polo Emperador César Augusto.

O acordo tomouse nunha recente xuntanza que tivo lugar en Braga a proposta da Carmen Basadre. As tres cidades rotaranse para a organización do evento e a primeira edición terá lugar en Lugo.

Tras a conquista do norte penínsular cas chamadas guerras Cántabras, o emperador Augusto volve a Hispania, entre os anos 15-13 a. C., cun amplio programa para organizar os territorios recentemente incorporados o imperio, fundando unha serie de cidades, entre as que se atopan as tres do Noroeste  Penínsular.

Da necesidade de comunicar esta zoa co Imperio, xurde a construcción, entre outras, da Vía XIX, que con 299 millas unía ás capitais dos tres conventos xurídicos da Gallaecia romana:  Lucensis, Asturicensis e Bracarensis

En xaneiro de 2014 ás delegacións das festas do 'Arde Lucus', 'Braga Romana' e 'Astures y Romanos'  reuníronse en Braga para concretar unha serie de propostas de colaboración entre os tres conventos xurídicos.

As tres cidades augustas do noroeste peninsular: Astorga, Lugo e  a localidade portuguesa de Braga, entremezclarán este ano a súa historia, acollendo durante as súas festas de recreación as delegacións das outras cidades, que participarán activamente nas mesmas.

Desta xuntanza xurde asimismo a idea de  iniciar unhas xornadas arqueolóxicas e de recreación histórica, que permitarán coñecer un pouco máis a nosa historia común.

Este ano 2014 a organizadora do I Encontro das cidades augusteas da Gallaecia
será o Concello de Lucus Augusti, encontro que se celebrará os días 2, 3 e 4  de maio no Museo Inetractivo da cidade de Lugo ( MHIL ). Posteriormente irase rotando polas outras duas cidades da Gallaecia.
 
Este evento pretende ser un escaparate da historia romana destas ciudades, desenrolando tanto unha parte cultural (conferencias, charlas….) como unha mostra para o público dos distintos aspectos da vida romana (vestimenta, perruquería, armamento, orfebrería, artesanía, actividades lúdicas...)

O evento terá dúas partes diferenciadas, unha a cultural que estará a cargo dos departamentos de arqueoloxía das cidades organizadoras, e outra a mostra de elementos de recreacións histórica, establécendose as seguintes bases de participación:

Poderán participar todos aqueles que realicen actividades relacionadas ca recreación histórica (vestimenta, perruquería, armamento, orfebrería, artesanía…).

Tamén se organizará un desfile de  vestimenta e complementos romanos.

Para participar en calquera das dúas actividades deberán presentar a solicitude no Rexistro Xeral do Concello antes do 5 de abril.

O número de postos é de 70 e a cidade organizadora seleccionará ata catro artesáns para cada sector. Para todos os que acudan doutras cidades o número de participantes  limitaráse a un por cada sector.

A selección realizarase cun xurado formado por persoas cualificadas na materia, valorándose aquelas propostas que reflexen máis fielmente a época do emperador César Augusto de cada unha das cidades.

 O simple feito da presentación da solicitude supón a plena aceptación destas normas.



Fomentar o latín entre os mozos

Con motivo do Arde Lucus o Concello tamén convoca a segunda edición do certame literario en latín Seu Ludus Litterarum “Lucus Cultural”.

A Concelleira explicou que esta é unha iniciativa coa que se trata de promover o coñecemento e cultivo da língua latina da que procede o noso romance galego e salientou a grande acollida que tivo o Certame, que naceu froito dunha idea do Alcalde, na súa primeira edición.
O certame está dirixido a mozos de entre 14 e 28 anos de idade, de calquera nacionalidade, que deberán presentar relatos inéditos escritos en latín e que traten sobre a fundación da cidade de Lugo.
Haberá dous premios valorados en 300 euros. Un deles para participantes de 14 a 17 anos e outro para os de idades comprendidas entre 18 e 28 anos. No caso de que o premiado ou premiada sexa de fóra do Concello de Lugo, poderá escoller, en vez do premio en diñeiro, unha invitación para dúas persoas á festa do ARDE LUCUS do 2014 consistente en aloxamento durante as tres noites da fin de semana con almorzo incluído.
As bases establecen que os relatos deberán ter unha extensión máxima de dous folios ou 4.000 caracteres con espazos incluídos.
O xurado, que estará formado por especialistas en língua latina, valorará tanto o contido como a calidade da composición.
O prazo para a presentación dos orixinais será ata o 20 de abril. As obras presentaranse, persoalmente ou por correo, na Oficina de Información Xuvenil, Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, Centro de Convivencia “Uxío Novoneyra”, Rúa Quiroga Ballesteros s/n, 27001, Lugo.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova