Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Máis de 1.300 escolares asistirán dende mañá ás prácticas de educación vial no Parque Infantil de Tráfico do Concello de Lugo


# Luns, 10/03/2014
Os nenos e nenas aprenden a respectar as normas de circulación nesta nova edición do curso que comezou en outubro coa formación teórica

A Concellería de Educación, Formación e Orientación Laboral, que dirixe Esther Muñoz, comunica que dende mañá terán lugar as clases prácticas de educación vial que organiza, de novo, este curso o Concello de Lugo en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico.

Nas prácticas, que se van desenvolver na pista do Parque Infantil de Tráfico, no Parque de Frigsa, está previsto que participen orredor de 1.320 alumnos matriculados en 15 centros escolares do concello de Lugo.

As clases prácticas sobre as normas de circulación comezarán mañá e rematarán o día 19 de xuño e con elas complétase a formación teórica que impartiron este curso os monitores do Parque Infantil de Tráfico.

As leccións teóricas desenvolvéronse entre o 4 de outubro e o 21 de novembro nos propios centros escolares. Na formación teórica participaron 2.114 alumnos de 23 colexios do municipio de Lugo.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova