Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde visitou hoxe ós alumnos do colexio de Casás que participaron no programa Almorzos Saudables organizado polo Concello


# Luns, 10/03/2014
Máis de 25.000 nenos e nenas aprenderon a almorzar dun xeito saudable grazas a este programa municipal que chega este ano a súa undécima edición

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde, José López Orozco, e o Concelleiro de Servizos Xerais, Manuel Núñez, visitaron hoxe ós escolares colexio de Casás que participaron esta mañá na undécima edición do programa Almorzos Saudables que organiza o Concello de Lugo.

O Alcalde explicou, en declaracións ós medios de comunicación, que o programa Almorzos Saudables xa constitúe unha tradición do curso escolar en Lugo para que os nenos e nenas aprendan a almorzar de maneira saudable e destacou o éxito desta iniciativa que tamén contribúe a que os cativos transmitan a necesidade de almorzar ben ás súas familias.

López Orozco tamén destacou que o Concello de Lugo apoia os comedores escolares e confía en poder continuar con ese apoio xa que, segundo parece, a Xunta de Galicia traballa nun proxecto de lei que permita continuar ós concellos actuando en materias que lle prohibía o Goberno central na recén aprobada Lei de administracións locais.

O Alcalde expresou a ledicia que lle produciu esta noticia aínda que deixou constancia de que “un problema que non está resolto é o do financiamento” desas competencias que, dacordo coa Lei, son da Comunidade Autónoma e non das administracións locais.

Ata o 4 de abril

O programa educativo Almorzos Saudables, que desenvolve o Concello de Lugo, comezou o día 10 de febreiro e prolongarase ata o 4 de abril.

Neste programa, os nenos de 5 a 8 anos de todos os colexios da cidade aprenden a alimentarse de maneira saudable e disfrutan coas peripecias de Dona Enriqueta, a nova mascota dos Almorzos Saudables.

Nas once edicións do programa de Almorzos Saudables xa son máis de 25.000 os nenos e nenas de Lugo que tomaron parte nunha actividade que pretende que coñezan a maneira máis saudable de alimentarse e evitar os malos hábitos.

O Alcalde explicoulles ós nenos e nenas do colexio de Casás que “é moi importante almorzar ben e de maneira equilibrada xa que así consíguese un maior rendemento no colexio e tense máis enerxía para afrontar as actividades diarias.” Ademais recomendou que os nenos e nenas deben comer froita, lácteos e cereais para medrar con saúde e fortes.

O programa Almorzos Saudables visitará os seguintes colexios ata o 4 de abril:

- 11 de marzo.- Colexio Divino Maestro
- 12 de marzo.- Colexio Milagrosa
- 13 e 14 de marzo.- Colexio Padres Franciscanos
- 17 e 18 de marzo.- Colexio Paradai
- 19, 20 e 21 de marzo.- Colexio Luis Pimentel
- 24 e 25 de marzo.- Colexio Rosalía de Castro
- 26 e 27 de marzo.- Colexio Salesianos Divina Pastora
- 28 de marzo. - Colexio Manuel Mallo
- 31 de marzo.- Colexio de Albeiros
- 1 de abril.- Colexio da Ponte
- 2 e 3 de abril.- Colexio Maristas
- 4 de abril.  - Colexio Galén
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova