Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde participou na creación dun grupo de traballo da DXT que estude a repercusión dos novos aparatos de mobilidade urbana


# Xoves, 13/03/2014


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, participou esta mañá en Madrid, na reunión para a creación dun grupo técnico de traballo sobre a regulación de aparatos de mobilidade urbana, como poden ser os seegwya, bicicletas eléctricas ou ciclotaxis. A reunión organizada pola Dirección Xeral de Tráfico convocouse para a evaluación da situación en diferentes cidades e estudar as medidas necesarias para a súa regulación.

López Orozco, que tamén é o Presidente da Comisión de Seguridade Cidadá da Federación Española de Municipios e Provincias, explicou logo da reunión que son moitos os Concellos de grandes cidades que se ven afectados pola proliferación deste tipo de vehículo pero carecen de normativa para poder aplicala polo que se fai preciso un estudo do mesmo.

Este grupo técnico de traballo que se constituiu hoxe nace da necesidade de abordar a problemática xurdida en diferentes cidades nos últimos anos, especialmente nas grandes urbes, de todo tipo de vehículos ou aparatos con ou sen motor que supoñen novas formas de mobilidade urbana. Nestes casos a regulación é case inexistente polo que é necesario crear un marco normativo tanto dende un punto de vista técnico como de mobilidade para poder aplicalo a nivel local e permitir unha convivencia tranquila entre pequenos aparatos con motor e peóns.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova