Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo visitou o novo circuito biosaludable no barrio de Casas Vellas


# Venres, 14/03/2014
Con este xa é o sétimo circuito situado en diferentes barrios da cidade e dos que poden disfrutar as persoas maiores

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, visitaron esta mañá o novo circuito biosaludable que se instalou no barrio de Casas Vellas.

Este novo espazo, que anteriormente foi unha escombreira, conta con sete xogos diferentes para que as persoas máis maiores poidan activar o seu corpo dunha maneira segura. O circuito está dotado con pavimento de céspede artificial, ocupa unha superficie de 100 metros cadrados e supuxo un investimento de 22.000 euros.

López Orozco invitou aos veciños e veciñas a “desfrutar deste novo espazo moi solicitado e que anteriormente foi unha escombreira” e pediu respecto para, entre todos, manter este lugar en bo estado.

Esta era unha actividade moi demandada polos veciños, e permitirá a todas aquelas persoas que paseen polo parque aproveitarse destas instalacións para mellorar o seu rendemento físico.

O Concello aposta pola creación de circuítos biosalusables para que os cidadáns  de Lugo poidan manterse en forma con total seguridade, especialmente para as persoas maiores que desta maneira teñen a posibilidade de facer exercizo ao aire libre e de balde. Ademais xa leva invertido en circuitos biosaludables preto de 300.000 euros,  e conta con estas áreas en diferentes puntos da cidade: en Albeiros, no Parque da Milagrosa, na Fonte dos Ranchos, na Carballeira de Fingoi, no Cantiño e no Parque Rosalía de Castro.


Un saúdo.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova