Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde recibiu aos subcampións de Europa de baile artístico Magali Piedra e Jandro Pallares


# Venres, 14/03/2014
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da lingua, Carmen Basadre, recibiron esta mañá a Magali Piedra e Jandro Pallares

Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da lingua, Carmen Basadre, recibiron esta mañá a Magali Piedra e Jandro Pallares, elexidos Subcampións de Europa de Baile Artístico o XXV Campionato de Europa de Baile celebrado en Torremolinos a finais de febreiro.

López Orozco sinalou que “é un orgullo para os lucenses poder presumir de ter uns subcampións europeos de baile e por riba que sexan os únicos galegos que participaron” ademais tamén os animou “a seguir presentándose a diferentes campionatos para deixar o nome de Lugo ben alto”.

Magali e Jandro participaron neste campionato, despois de ser seleccionados a través dun video entre miles de parellas, con una fusión de bachata, tango e rock and roll, que puxeron en escea durante tres minutos. A pesares de ser a primeira vez que se presentaban, os profesores da escola Ritmo Lugo, alzáronse co subcampionato de baile artístico,  e un quinto posto en salsa.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova