Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Mañá ábrese o prazo para solicitar praza na terceira edición dos cursos de seguridade vial Primaveira Segura


# Luns, 17/03/2014
As instancias poderanse entregar ata o 31 de marzo no Parque Infantil de Tráfico do Concello ou na Xefatura Provincial de Tráfico de 09.30 a 14.00 horas

Imaxe Asociada
A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, o Director do Parque Infantil de Tráfico do Concello, José Reigosa, e a Xefa Provincial de Tráfico, Paula Yubero Plaza, presentaron esta mañá a terceira edición do curso de educación vial Primaveira Segura que se impartirá entre o 7 de abril e o 23 de maio no Parque Infantil de Tráfico.

Esta actividade está dirixida a nenas e nenos de entre 8 e 14 anos, previa inscrición no Parque Infantil de Tráfico (Antiga Frigsa), ou na Xefatura Provincial de Tráfico de Lugo (Avd. Ramón Ferreiro) entre as 09:30 e as 14:00 horas. As instancias para facer a inscrición tamén poden obterse a través da web do Concello de Lugo, www.lugo.es.

O prazo para facer as inscricións abrirase mañá martes 18 e pecharase o luns 31 de marzo. Os cursos serán en horario de 17:00 a 19:30 horas, e cada grupo asistirá ao menos durante unha semana seguida que será asignada previamente. A incrición é gratuita.

O día 3 de abril sairá publicada a lista de admitidos e os horarios no Taboleiro de anuncios do Parque Infantil de Tráfico, na web do Concello e na Xefatura de Tráfico.

A Concelleira de Educación, Esther Muñóz salientou que estes cursos ten como obxectivo que “os nenos e nenas adquiran conductas seguras como peón e viaxeiros e hábitos positivos como usuario dos diferentes transportes xa que consideramos que é esencial que dende pequenos se coñeza as normas de seguridade viaria”.

Pola súa parte, a Xefa Provincial de Tráfico sinalou que a educación dos nenos e as nenas é fundamental para traballar na seguridade vial e indicou que “a seguridade vial non só é a aprendizase de normas e sinais, senón tamén o respecto pola vida”.

O Director do Parque Infantil de Tráfico explicou que os cursos terán unha semana de duración e impartiranse de luns a venres, en horario de tarde. Tamén indicou que os asistentes xa recibiron a formación teórica no primeiro trimestre do curso escolar nos propios colexios. Reigosa informou de que na primeira edición destes cursos, o ano pasado, deuse formación práctica a uns 90 nenos e nenas.

Ademais os participantes aprenderán a manexar e coñecer sinais de tráfico a través do manexo dos kart e das bicicletas e simularanse situacións reais de circulación como cruces de viais con e sen prioridade, rotondas, stop ou paso de peóns, entre outros.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova