Cargando....
Concello de Lugo
13/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Esta fin de semana celébrase a terceira Feira Medieval das Fontiñas na que participarán setenta expositores


# Luns, 17/03/2014
Manuel Núñez explicou que o Concello apoia esta iniciativa da Asociación de Hostaleiros para dinamizar o barrio

Imaxe Asociada
O Mercado contará con actividades de animación, cetrería, tiro con arco e música  e os establecementos de hostalería tamén revivirán o ambiente medieval

O Concelleiro de Servizos Xerais e Participación cidadá, Manuel Núñez, a Presidenta da Asociación de Hostaleiros das Fontiñas, Elena López, e o coordinador do Grupo Taranis, David López, presentaron hoxe a terceira edición da Feira Medieval das Fontiñas, que se vai celebrar durante esta fin de semana.

A inauguración será o venres día 21, ás 13.00 horas, e rematará o domingo, día 23, ás 20.00 horas. Os visitantes poderán desfrutar dos máis de 70 postos que durante este fin de semana ofrecerán diferentes produtos e que estarán situados na Avenida de Fontiñas.

Manuel Núñez destacou que “esta é unha iniciativa que se afianza no tempo e que dinamiza un barrio da cidade facendo que se acheguen numerosos visitantes para desfrutar das actividades e dos establecementos de hosteleria que hai na zona”. O obxectivo dos organizadores é contribuir á dinamización da zona das Fontiñas e agardan que durante a fin de semana sexa visitada por moitos lucenses e incluso por persoas de fora.

Nesta terceira edición da Feira Medieval está prevista a participación de 70 expositores chegados de distintos puntos de Galicia e de zonas limítrofes. Ademais haberá actividades como exhibición de cetrería, música medieval, tiro con arco, representacións teatrais e obradoiros para todas as idades segundo explicou David López do Grupo Taranis, encargado da recreación histórica do Lugo medieval nas Fontiñas.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova