Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello colabora coa Escola Politécnica Superior coa cesión da exposición 100 anos de cartografía de Lugo


# Martes, 18/03/2014
O Alcalde participou hoxe nos actos do Día Europeo do Topógrafo

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde, José López Orozco, e o Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, asistiron hoxe ós actos organizados pola Escola Politécnica Superior con motivo do Día Europeo do Topógrafo, que conmemora o décimo aniversario da titulación de Enxeñería en Xeomática e Topografía.

O acto institucional consistiu na inauguración da exposición 100 anos de cartografia de Lugo (1910-2010), cedida para a ocasión polo Concello de Lugo, que se completou cun relatorio sobre a cartografía de Lugo no último século, a cargo do director do Servizo Rexional do Instituto Geográfico Nacional, Pablo Carballo Cruz.

O director da Escola Politécnica Superior, Javier Bueno Lema, foi o encargado de presidir o acto.

Na súa intervención, o Alcalde destacou que o Concello “dá moita importancia á colaboración coa Universidade porque para nós é primordial a riqueza que aporta á cidade a institución académica”.
O Concello de Lugo colabora na celebración do décimo aniversario da titulación de Enxeñería en Xeomática e Topografía coa cesión dos mapas reunidos nunha exposición que se organizou dentro dos actos do programa Lugo10 conmemorativo do décimo aniversario da declaración da Muralla romana como Patrimonio Mundial pola UNESCO.

A organización desta mostra que percorre a historia catográfica oficial do concello e a provincia de Lugo foi froito da colaboración do IGN co programa Lugo10. Os fondos que a compoñen constan tanto de mapas históricos, entre eles o de Domingo Fontán, como de mostras das cartografías militar ou eclesiástica como de imaxes aéreas e de satélite e de mapas coas distintas escalas que compoñen a cartografía básica nacional e, tamén, se mostran nela todas as edicións existentes no fondo do IGN.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova