Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O día 20 comeza a segunda edición dos concertos didácticos da Banda Municipal de Música nos colexios da cidade


# Martes, 18/03/2014
Carmen Basadre sinalou que é unha boa actividade para coñecer a música e para que os máis pequenos coñezan a Escola Municipal de Música

Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promocion da Lingua, Carmen Basadre, acompañada polo director da Banda Municipal de Música, Rosendo Ivorra, e polo director da Escola Municipal de Música, Armando Morales, presentaron esta segunda edición dos concertos didácticos que se levarán a cabo nos diferentes colexios da cidade.

Como novidade, e visto o éxito do ano pasado, resérvanse os días 10 e 17 de xuño no Auditorio Municipal Gustavo Freire, para dous concertos dirixidos a colexios que o solicitaron da provincia de Lugo coa idea de que outros nenos e nenas que non dispoñen de Escola Municipal de Música poidan coñecer os instrumentos e melodías clásicas dirixidas a súa idade.

Carmen Basadre explicou que “o ano pasado tivo moito éxito e queremos repetir porque ademais é unha experiencia para os nenos e nenas que poden coñecer os instrumentos e os seus sons dunha maneira máis próxima”.  Esta actividade, que naceu o ano pasado, permite ensinar aos nenos e nenas de entre 3 a 12 anos, os diferentes tipos de instrumentos musicais e achegarse á música en vivo de maneira didáctica. Durante a actividade, que ten unha duración aproximada de hora e media, na que a través da música se recrea unha historia con diferentes sonidos.

Pola súa parte, Rosendo Ivorra, indicou que este ano se traballará coas pezas musicais de As Catro Estacións, Nun Mercado Persa, Sinfonía dos Xoguetes e Carnaval dos Animais, “que esperemos lles gusten aos nenos e nenas”.

Os concertos didácticos vanse levar a cabo nos colexios do Sagrado Corazón, Paradai, Milagrosa, San José, A Ponte, Illa Verde, Virxe da Soidade, Maristas, Rosalia de Castro, Divina Pastora, Luis Pimentel, Casas, Anexa, Fingoi nº2, Quiroga Ballesteros, Manuel Mallo, As Mercedes e no IES Muralla de Lugo.

Curso Intervención Social

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, tamén informou que o xoves día 20 se abre o prazo para solicitar unhas das 15 prazas existentes para a realización dun Curso de Intervención Social con Menores de carácter gratuito. O curso que terá 60 horas comezará o 5 de abril e remata o 7 de xuño e celebrarase todos os sábados na Casa da Xuventude. Está dirixido para todos os públicos entre 18 e 35 anos, tendo preferencia os que traballen ou estuden sobre temas sociais. A inscrición é na Casa da Xuventude.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova