Imprimir

O ALCALDE RECIBIU AO EQUIPO FEMININO E MASCULINO DO EMEVE AMBOS NA DIVISIÓN DE HONRA DO VOLEIBOL


18/3/2014  O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Deportes, Jose Manuel Díaz Grandio, recibiron ao equipo masculino e feminino do Emeve ambos na división de honra do voleibol.

 Asi o equipo feminino ven de acadar esta semana un histórico éxito xa que ascende á Superliga de Voleibol nacional onde disputarán un posto cos equipos máis recoñecidos deste deporte a nivel de España.


López Orozco sinalou que “Lugo é pode estar ben orgulloso dos seus equipos e podemos presumir de ser unha das poucas cidades que ten aos dous equipos, masculino e feminino, na Superliga de voleibol”.